Mozilla Firefox

aplicación para a navegación web From Wikipedia, the free encyclopedia

Mozilla Firefox

Mozilla Firefox (ou só Firefox) é unha aplicación para a navegación web, libre e de código aberto[1] e que desenvolve o proxecto o grupo Mozilla Corporation da organización aberta Fundación Mozilla. É multiplataforma e está dispoñíbel para os sistemas operativos Linux, macOS e Windows, así como en Android (como Firefox para Android) e iOS. Emprega o motor de rendemento web Quantum (que substituíu a Gecko), e executa os modelos web actuais e os próximos a ser aprobados.[2] En 2015 liberouse Firefox para iOS, que emprega WebKit no canto de Gecko por restricións de Apple no desenvolvemento do seu sistema operativo móbil.[3] O código fonte de Firefox está dispoñíbel baixo os termos MPL.[4]

Datos rápidos Tipo, Epónimo ...
Mozilla Firefox
Thumb
Thumb

Tiponavegador web, agregador (pt) , VoIP software (en) , cliente FTP (pt) , navegador móvel (pt) e software libre
EpónimoPanda vermello e Mozilla Firebird (en)
Historiahistory of Firefox (en)
MarcaFirefox (en)
Usonavegador web
Aplicación oficialFirefox para iOS (pt) , Firefox for mobile (pt) e Firefox Focus (pt)
Medio usadoEncrypted Media Extensions (en)
LicenzaMozilla Public License, version 2.0 (en) , Licenza Pública Xeral de GNU e LGPL (pt)
Características
Sistema operativoLinux, Microsoft Windows, macOS, Android, iOS, iPadOS e FreeBSD
PlataformaIntel Architecture, x86-64 e AArch64
Linguaxe de programaciónC, C++, JavaScript, CSS, Rust e XUL (pt)
Biblioteca de IUXUL (pt) e GTK (pt)
Datas
Publicación2002
Creación23 de setembro de 2002
Persoas e organizacións
Distribuidor/aGoogle Play, App Store, Microsoft Store, Flathub e PortableApps (en)
DesenvolvedorMozilla Corporation e Fundación Mozilla
Creador/aFundación Mozilla, Dave Hyatt (pt) , Joe Hewitt e Blake Ross (pt)
Contacto
Blog oficialblog.mozilla.org…
Páxina WEBmozilla.org…
Redes
Repositoriohg.mozilla.org… e searchfox.org…
[ Wikidata ]
Pechar

Firefox foi creado pola comunidade Mozilla en 2002 co nome de Phoenix[5] coa intención de ter un navegador web independente, e non ancorado a un paquete completo como era a Mozilla Application Suite. Xa na súa fase beta Firefox gañou popularidade grazas a que, segundo dicían, era máis veloz, seguro e incorporaba melloras engadidas en comparanza co Internet Explorer 6 de Microsoft, que naquela hora era o navegador dominante. O primeiro lanzamento de Firefox, a versión 1.0, foi en novembro de 2004,[6] e popularizouse ata acadar os 60 millóns de descargas en nove meses, poñendo por primeira vez en cuestión o dominio de Internet Explorer.[7] Considérase que Firefox é o sucesor da filosofía de Netscape Navigator xa que Mozilla creou en 1998 ese proxecto, aínda que despois foi comprado por AOL.[8]

O uso de Firefox chegou ata o 32% de usuarios en 2009,[9] na súa versión 3.5 e converténdose no navegador máis popular.[10][11] A saída ao mercado de Google Chrome fixo que a súa cota de uso baixara.[9] En 2017 o seu uso estivo entre o 5.96 e o 13.6% no mundo en uso de escritorio e foi o segundo navegador máis empregado.[12][13][14][15] Segundo Mozilla, en 2014 Firefox chegou aos mil millóns de usuarios no mundo.[16]





Thumb

Cota de uso de navegadores web (novembro de 2014 – novembro de 2015[17])      Google Chrome (50,13%) (50.13%)     Internet Explorer (18.07%) (18.07%)     Mozilla Firefox (16.23%) (16.23%)     Safari (10.03%) (10.03%)     Opera (1,65%) (1.65%)     Outros (3.89%) (3.89%)

Localización

Firefox está amplamente localizado e traducido a múltiples linguas e culturas, entre elas o galego. A súa primeira versión de novembro de 2004 estivo dispoñible en 24 linguas e 28 configuracións locais (como inglés británico ou americano)[18] En 2017 contaba na súa versión 57.0 con 89 configuracións locais e 79 linguas.[19]

Galería

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.