Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un navegador web ou web browser é unha aplicación software que permite ó usuario recuperar e visualizar documentos de hipertexto, comunmente descritos en HTML, desde servidores web de todo o mundo a través de Internet. Esta rede de documentos é denominada World Wide Web, WWW, Grande Arañeira Mundial ou, simplemente, Web. Os navegadores actuais permiten mostrar e/ou executar gráficos, secuencias de vídeo, son, animacións e programas diversos, ademais de texto e as ligazóns (hiperligazóns).
A funcionalidade básica dun navegador web é permitir a visualización de documentos de texto, posiblemente con recursos multimedios incrustados. Os documentos poden estar localizados na computadora onde está o usuario, pero tamén poden estar en calquera outro dispositivo que estea conectado á computadora do usuario ou a través de Internet, e que teña os recursos necesarios para a transmisión de documentos (un programa servidor web, coma Apache). Tales documentos, denominados páxinas web, posúen ligazóns que ligan un anaco de texto ou unha imaxe a outro documento, normalmente relacionado co texto ou a imaxe.
O seguimento das ligazóns dunha páxina a outra, localizada en calquera computadora conectada a Internet, chámase navegación, que é de onde se orixina o nome de navegador.
Tim Berners-Lee creou o primeiro navegador, WorldWideWeb, en 1991. Aínda que o primeiro popular foi o NCSA Mosaic, orixinalmente creado para UNIX en 1993, pero que axiña apareceron versións para Apple Macintosh e Windows.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.