naturalista, escritor e presentador de televisión británico From Wikipedia, the free encyclopedia
Gerald (Gerry) Malcolm Durrell, nado en Jamshedpur (provincia de Bihar, na India, daquela pertencente ao Imperio Británico) o 7 de xaneiro de 1925 e finado en Saint Helier o 30 de xaneiro de 1995, foi un zoólogo, naturista e escritor británico, nomeado cabaleiro da OBE. Fundou o Durrell Wildlife Conservation Trust e o Zoo de Jersey (actualmente nomeado Durrell Wildlife), na illa de Jersey en 1958. Era irmán do novelista Lawrence Durrell.
Nome orixinal | Gerald Malcolm Durrell |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 7 de xaneiro de 1925 Jamshedpur, India |
Morte | 30 de xaneiro de 1995 (70 anos) Jersey, Reino Unido |
Actividade | |
Campo de traballo | Zooloxía |
Ocupación | escritor, naturalista, zoólogo, presentador, biólogo, conservacionista, viaxeiro |
Empregador | Durrell Wildlife Park (pt) sen valor |
Xénero artístico | Memorias |
Familia | |
Cónxuxe | Lee McGeorge Durrell (1979–) Jacquie Durrell (1951–1979) |
Pais | Lawrence Samuel Durrell e Louisa Durrell |
Irmáns | Margarita Zorrera Lawrence Durrell Leslie Durrell |
Premios | |
Foi o cuarto fillo de Louisa Florence Durrell (nada Dixie, de ascendencia irlandesa) e Lawrence Samuel Durrell (de ascendencia británica), se ben os seus proxenitores xa naceran na India. Os seus outros irmáns foron Larry, Leslie e Margo. Trala morte do seu pai en 1928, a familia marchou a Inglaterra.
A familia mudouse de novo en 1935, nesta ocasión á illa grega de Corfú. Alí estiveron até 1939, e nela Gerald comezou a capturar e coleccionar especies da fauna local como mascotas. Nesta etapa están baseados os libros da triloxía de Corfú e varias historias curtas.
Nesta etapa en Grecia, Durrell non foi á escola, senón que recibiu ensinanzas de varios amigos da familia e titores privados, entre eles o grego Theodore Stephanides, unha das súas referencias a nivel persoal xunto ao naturalista francés Jean Henri Fabre.
En 1939, tralo inicio da segunda guerra mundial, a familia regresou a Inglaterra. Durrell comezou a traballar de axudante nun acuario e unha tenda de mascotas. En 1943 foi chamado a filas, pero declarado exento do servizo por causas médicas. Colaborou na loita bélica nunha granxa estatal. Ao final do conflito, Durrell entrou a traballar no Zoo de Whipsnade como bolseiro.
En maio de 1946 deixou o zoo para unirse a expedicións de captura de fauna salvaxe, pero non foi aceptado en ningunha viaxe por mor da falta de experiencia. Finalmente, logrou organizar unha expedición pola súa conta ao Camerún Británico (actual Camerún) en 1947, xunto ao ornitólogo John Yealland.
Viviu dedicado á zooloxía e ao naturalismo, facendo numerosas expedicións polo ancho do globo.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.