Galegos en Cuba
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os galegos en Cuba son os inmigrantes galegos, e os seus descendentes, que se asentaron en Cuba. Contan cuns 45 000 membros aproximadamente, esparexidos principalmente na Habana, Cárdenas, Matanzas, Pinar del Río, Camagüey, Trinidad, Cienfuegos, Santa Clara, Santiago de Cuba e Guantánamo. Chegaron procedentes de Vigo, cara ao porto da Habana entre os anos 1821 e 1877, fuxindo da fame e das presións políticas. Moitos galegos que chegaran á illa desprazáronse despois cara a México e os Estados Unidos entre a década de 1920 e a de 1940.
Nos séculos XVIII e XIX, pequenos continxentes emigraron a Cuba, ás veces en condicións de semiescravitude para substituír os negros nas fábricas de azucre, cada vez máis escasos debido ás restricións internacionais ao tráfico.[1] Na década de 1880, o rexionalismo evolucionou cara ao galeguismo e enraizouse nas colonias de emigrantes, especialmente no próspero Centro Galego da Habana, Cuba.[2] Ó igual que outros símbolos de Galicia, como a bandeira, o estabelecemento do himno galego foi froito da emigración na cidade da Habana. En 1907, Xosé Fontenla Leal encargoulle a Manuel Curros Enríquez (un dos maiores expoñentes do Rexurdimento galego, que residía na Habana) que escribise a letra, e a José Castro "Chané" a música, pero Curros non foi quen de compoñer a letra e Fontenla decidiu escoller o poema de Pondal coa música de Pascual Veiga. Estreouse o 20 de decembro de 1907 no Centro Galego da Habana —hoxe Gran Teatro da Habana— e ata 1923 foi entoado por rexionalistas e agraristas nos seus actos, consolidándose paulatinamente como símbolo de Galicia. Cando se prohibiu o seu uso durante a ditadura de Primo de Rivera, as sociedades galegas de América fixeron medrar o seu interese pola súa interpretación pública. Coa Segunda República acadou o recoñecemento oficial.
Cando os galegos comezaron a estabelecerse nalgún lugar da illa empezaron a producir e traballar tanto no campo coma na cidade da Habana. Construíuse o centro Galego da Habana, que no seu interior contiña un teatro moi grande, e foi na Habana onde se entoou por vez primeira o Himno Galego, no ano de 1924.
Na actualidade existe a Cátedra de Cultura Galega da Universidade da Habana, que foi creada en 1992 grazas a un convenio entre a Xunta de Galicia e a institución académica cubana onde a día de hoxe centos de estudantes realizaron estudos de lingua e cultura galegas.[3] Galeuscat é o nome escollido polas cátedras de honra da Universidade da Habana para realizar actividades conxuntas relacionadas coas respectivas culturas galega, catalá e vasca. En 2023, Galeuscat dedicouse a homenaxear á escritora galega Rosalía de Castro no Día Internacional da Lingua Materna.[4] Coa aprendizaxe da lingua galega na Universidade da Habana existe unha pequena comunidade neofalante que xunto aos falantes de galego conforman a herdanza lingüística galega en Cuba.
O pai de Fidel Castro, Ángel Castro Argiz, era galego, máis concretamente de Láncara, na provincia de Lugo.
Censo electoral de galegos residentes en Cuba por provincia de inscrición, a 1/9/2023 [5] | |
---|---|
Provincia da Coruña | 12.258 |
Provincia de Lugo | 15.535 |
Provincia de Ourense | 14.092 |
Provincia de Pontevedra | 3.492 |
Total de galegos en Cuba | 45.377 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.