cidade cubana From Wikipedia, the free encyclopedia
Cienfuegos é unha cidade de Cuba, capital da provincia homónima, coñecida como la Perla del Sur. En 2012 tiña 164.924 habitantes. Está situada a 245 km da Habana e a 658 de Santiago de Cuba.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
País insular | Cuba | ||||
Provincias | Provincia de Cienfuegos | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 164.924 (2012) (495,27 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 333.000.000 m² | ||||
Altitude | 25 m | ||||
Creación | 22 de abril de 1819 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 55100–55500 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 43 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Debe a súa orixe ao interese das autoridades coloniais españolas por desenvolver novas cidades na illa. Foi fundada o 22 de abril de 1819 por colonos franceses e españois (baixo o mando de Luis De Clouet y Favrot) nunha excepcional baía, que serviu de refuxio a piratas. As rúas foron trazadas formando cuadrículas. A arquitectura ecléctica da cidade conserva abundante decoración neoclásica, xunto a antigos e modernos rañaceos e fermosos paseos e parques (o máis deles o "José Martí"). En xulio de 2005 o centro histórico urbano foi declarado Patrimonio Cultural da Humanidade pola UNESCO.
Centro urbano histórico de Cienfuegos | |
---|---|
Rúa de Cienfuegos | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Cuba |
Tipo | Cultural |
Criterios | II, IV |
Inscrición | 2005 (29ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Latino América e o Caribe |
Identificador | 1202 |
Está localizada na chamada península da Majagua, á beira da baía de Jagua, de 88 km², ao fondo da mesma. Esta baía de nome aborixe (significa orixe, fonte, manancial, riqueza) está aberta ao mar Caribe por un estreito canal que serve de acceso ás embarcacións que usan o porto de Cienfuegos.
A diocese de Cienfuegos ten unha superficie de 5.360 km² e unha poboación de 485.000, dos cales 293.600 son católicos. Son 23 sacerdotes e 37 relixiosos que serven na diocese.
Na cidade compite o equipo de fútbol FC Cienfuegos, fundado en 1978.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cienfuegos, Cuba |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cienfuegos, Cuba |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.