Remove ads
8º. distrito da cidade de Madrid, España From Wikipedia, the free encyclopedia
Fuencarral-El Pardo[1] é un distrito da cidade de Madrid situado no norte da cidade. Este distrito comprende a antiga vila de Fuencarral, e tamén o Palacio Real do Pardo.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Comunidade de Madrid | ||||
Concello | Madrid | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 248.443 (2023) (1.044,59 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 237,83837017443 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 13 de decembro de 1950 | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Xunta Municipal do Distrito de Fuencarral-El Pardo | ||||
• Concelleiro presidente | José Antonio Martínez Páramo (2023–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 28048, 28790, 28049, 28050, 28034, 28046, 28029, 28039, 28035 e 28023 | ||||
Sitio web | madrid.es… | ||||
Limita polo norte cos concellos de Hoyo de Manzanares, Colmenar Viejo e Tres Cantos, polo leste cos concellos de San Sebastián de los Reyes e Alcobendas e co distrito de Hortaleza, polo sur cos distritos de Chamartín, Tetuán e Moncloa-Aravaca, polo oeste cos concellos de Las Rozas de Madrid e Torrelodones. Ten unha superficie de 237,84 km² e conta con 248.443 habitantes no ano 2023.[2] Anexionáronse ao municipio de Madrid en 1950.[3]
É o distrito de maior extensión. O 90 % do chan corresponde aos montes de El Pardo, Soto de Viñuelas, Valverde, etc.
As zonas urbanas están compostas por varias áreas claramente diferenciadas: o antigo centro urbano de Fuencarral, os desenvolvementos residenciais entre o bordo do distrito de Tetuán e a estrada da Praia (Peñagrande, Barrio de El Pilar, Valdemarín) o casco de El Pardo e as grandes áreas institucionais e industriais da Estrada de Colmenar Viejo.
Os primeiros asentamentos propiamente urbanos prodúcense a partir de 1950 coas promocións privadas de Mirasierra (residencia unifamiliar de clase alta), Barrio de El Pilar, Peñagrande (residencia colectiva destinada a clases populares), xunto con algunhas promocións públicas destinadas á erradicación do chabolismo como La Ventilla ou a UVA de Fuencarral.
Con posterioridade, a partir de 1970 se cualifica socialmente o distrito con promocións como a Ciudad de los Periodistas e La Vaguada.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.