Remove ads

El Pilar é un barrio situado no noroeste da cidade de Madrid, pertencente ao distrito de Fuencarral-El Pardo. Tiña en 2014 unha poboación de 46.324 habitantes.

Datos rápidos Localización, Poboación ...
Modelo:Xeografía políticaEl Pilar, Madrid
Thumb

Localización
Thumb Editar o valor en Wikidata Thumb
 40°28′42″N 3°42′41″O
EstadoEspaña
Comunidade autónomaComunidade de Madrid
ConcelloMadrid
DistritoFuencarral-El Pardo Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación46.466 (2018) Editar o valor en Wikidata (34.169,17 hab./km²)
Xeografía
Superficie1,359881 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con

BNE: XX456510
Pechar
Thumb
A Avenida de Monforte de Lemos, cos típicos edificios do barrio do Pilar.
Thumb
O Teatro de Madrid, xunto ao parque de La Vaguada.
Remove ads

Xeografía

Limita cos barrios de Mirasierra ao norte, Peñagrande ao oeste, Valdeacederas do distrito de Tetuán ao sur e La Paz ao leste. Está delimitado ao norte pola Avenida do Cardenal Herrera Oria, ao oeste pola Avenida da Ilustración e o Camino Ganapanes, ao sur pola rúa Sinesio Delgado e ao leste pola rúa Ginzo de Limia.

Historia

A construción do barrio, iniciada a principios da década de 1960, correu a cargo da iniciativa privada do promotor José Banús, que se aproveitou de amplas superficies dispoñibles (baleiras completamente de edificación) que pertenceran á Compañía de Xesús, e do chan barato, para construír grandes conxuntos de Vivenda de Protección Oficial con pisos modestos que albergasen á masiva inmigración obreira que empezaba a recibir Madrid, procedente de zonas rurais de toda España. As construcións, de calidade deficiente, aproveitaban ao máximo as parcelas en superficie e altura, sen atender apenas á necesidade de equipamentos, transporte público e servizos que semellante masificación de poboación requirise.

O descontento pola falta de servizos pronto comezou a organizarse para esixir o equipamento prometido pola inmobiliaria, pero será o proxecto dun centro comercial na vaguada do arroio da Veguilla o que intensificará a participación cidadá e centralizará as principais mobilizacións da asociación La Vaguada es Nuestra. As negociacións coa promotora e a administración foron duras e longas ata conseguir superficie para usos educativos, cívicos, recreativos e deportivos.​

A partir de 1970 e aproveitando os grandes ocos sen construír que aínda quedaban, construíronse as edificacións coñecidas como Altamira e Iberia 2, de mellor calidade, orientadas a poboación de maior nivel económico, grazas á revalorización do chan, pola súa boa localización e a súa proximidade ás masas forestais da zona noroeste de Madrid.

En 1983 foi inaugurado o Centro Comercial La Vaguada, orixinalmente chamado Centro comercial Madrid, o primeiro destas características na cidade. A súa posta en marcha posibilitou novas formas nas relacións, facilitadas ademais pola nova rede viaria e a mellora dos transportes públicos.

Actualmente segue sendo un barrio fundamentalmente residencial, onde predominan os bloques de edificios altos, mesmo por encima de dez alturas, a pesar do cal conta con varios parques como son o Parque Norte, o Parque da Vaguada e o Parque de Altamira.

Remove ads

Equipamentos e servizos

A Xunta do distrito de Fuencarral-El Pardo está situada neste barrio, que tamén conta cun centro de saúde da Comunidade de Madrid e un centro de saúde municipal así como varios servizos máis:

  • Biblioteca municipal
  • Teatro de Madrid
  • Centro Cívico de maiores
  • Centro Cultural
  • Centro Comercial La Vaguada

Posúe un gran polideportivo municipal con piscinas de verán, climatizadas, varios campos de fútbol e canchas de tenis, baloncesto e fútbol sala, ximnasio, pavillón polideportivo, etc. Tamén posúe outra piscina climatizada no parque da Vaguada.

Remove ads

Transporte e comunicacións

A Avenida da Ilustración, neste barrio, é o único tramo da circunvalación de Madrid M-30 que conta con semáforos e cruces a nivel coa Avenida de Betanzos e a rúa de Sangenjo.

Dúas liñas do metro de Madrid pasan polo barrio, que conta con tres estacións: Peñagrande, da liña 7, e Barrio del Pilar e Herrera Oria, da liña 9. Ademais, dan servizo ao barrio varias liñas de autobús urbano: 42, 49, 67, 83, 124, 126, 127, 128, 132, 133, 134, 137, 147 e os nocturnos N21, N22 e N23. Tamén paran as liñas de autobús interurbano 602 e 815.

Remove ads

Festividades

Coincidindo coas festas da Virxe do Pilar, a semana do 12 de outubro, o barrio celebra as súas festas, cunha gran feira, concertos, carpas de asociacións culturais e deportivas, colectivos do barrio ou partidos políticos.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.

Remove ads