zoólogo francés From Wikipedia, the free encyclopedia
François Marie Daudin, nado en París en 1774 ou o 25 de marzo de 1776 e finado na mesma cidade o 30 de novembro de 1803 ou en 1804, foi un zoólogo francés especializado en ornitoloxía e herpetoloxía.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de agosto de 1776 París, Francia |
Morte | 30 de novembro de 1803 (27 anos) París, Francia |
Causa da morte | tuberculose |
Residencia | Francia |
Actividade | |
Campo de traballo | Zooloxía |
Ocupación | zoólogo, ornitólogo, herpetólogo |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Daudin |
Familia | |
Cónxuxe | Adèle ° Daudin |
Pais | François Daudin e Marie Madeleine Louise Escallard de la Bellengerie |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Meyers Konversations-Lexikon, 4th edition (1885–1890) (en) |
François Mª Daudin foi fillo de François Daudin (1746-1811), señor de Pouilly, conselleiro-corrector da Cámara de Contas de París, e de Marie Madeleine Louise Escallard de Bellengerie (1754-1790).
Unha enfermidade que contraeu na infancia paralizou as súas extremidades inferiores. Porén, puido observar sobre o terreo, e comezou a coleccionar espécimes mentres estudaba fisioloxía e historia natural, e acabou por dedicarse a esta última.
As publicacións de Daudin abarcan só cinco anos, de 1799 a 1803. Foi o autor dun Traité élémentaire et complet d'ornithologie... (1799-1800), que foi o primeiro manual auténtico de ornitoloxía, no que combinaba a taxonomía binomial linneana e as descricións anatómicas, fisiolóxicas e etolóxicas de Buffon. É unha obra que permaneceu incompleta, pero que despois de ser criticada (especialmente por Cuvier) aínda se aprecia hoxe.
Tamén publicou a Recueil de mémoires et de notes sur des espèces inédites ou peu connues de mollusques, de vers et de zoophytes... en 1800 e, con Lacépède, as Tableaux des divisions... des Mammifères et Tableaux des divisions... des Oiseaux en 1802.
Pero a súa verdadeira especialización foi a herpetoloxía. Publicou unha Histoire naturelle des Rainettes, des Grenouilles et des Crapauds..., ilustarada con 38 láminas (en 1803) e unha Histoire naturelle, générale et particulière, des Reptiles, (en 8 volumes en oitavo, de 1801 a 1803), que completou a Histoire naturelle des Reptiles de Charles-Nicolas-Sigisbert Sonnini de Manoncourt (1751-1812) e Pierre André Latreille (1762-1833). O traballo de Daudin contén descricións de 48 xéneros e 621 especies, algunhas novas para a ciencia (recoñécense hoxe 10 anfibios e 43 réptiles descritos por Daudin), baseándose no exame de máis de 1 100 exemplares.[1]
François Daudin foi asistido pola súa muller, Adélaïde Geneviève de Grégoire de Saint-Sauveur (1774-1803), que realizou 37 taboleiros de cada 100 que ilustran o libro. Os seus libros, publicados ás súas costas, foron un fracaso comercial, pero Daudin e a súa muller non viviron na miseria, grazas á fortuna familiar.
Daudin morreu de tuberculose, un mes despois de que falecera a súa muller, aos vinte e sete anos e tres meses de idade. A parella deixou a un fillo dun ano e medio, François Louis Hyacinthe Daudin (1802-1889), que se estableceu no castelo familiar de Pouilly.
A pesar da súa curta vida, Daudin fixo unha grande achega duradeira á taxonomía.
A abreviatura Daudin emprégase para recoñecer a François Marie Daudin como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.