Remove ads
escritor e editor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Francisco Castro Veloso, nado en Vigo o 27 de outubro de 1966, é un escritor e editor galego. En decembro de 2016 sucedeu como director a Víctor Freixanes á fronte da Editorial Galaxia,[1] mais dimitiu do cargo en setembro de 2023.[2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de outubro de 1966 (58 anos) Vigo, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor, editor |
Premios | |
Estudou Filosofía na Universidade de Santiago de Compostela. Traballa desde hai anos como cronista cultural en varios medios galegos, e na actualidade na Editorial Galaxia.
É autor do libro de relatos eróticos Xeografías, de A canción do náufrago, ambos de 2001, e do relato histórico Memorial do infortunio. En 2004 publicou Xeración perdida, novela que trata o mundo das drogas, e Un bosque cheo de faias, que gañou o Premio Frei Martín Sarmiento. Recibiu en 2006 o Premio Blanco Amor de novela longa con Spam, que publicou Galaxia. En 2007 resultou gañador do Premio de Novela Manuel García Barros, concedido polo Concello da Estrada, coa novela As palabras da néboa, publicado por Editorial Galaxia. No mesmo ano publicou O ceo dos afogados que foi finalista do premio Fundación Caixa Galicia e que recibiría o Frei Martín Sarmiento como mellor libro do ano.
En 2009 obtivo o Primeiro Accésit e Pluma de Prata no I Certame de Xornalismo de Opinión Raimundo García ‘Borobó’ polo seu artigo titulado "Borobó despedido". Tamén neste ano publicou na colección Árbore de Galaxia a novela Chamádeme Simbad (Lista de Honra de IBBY 2012) e Premio Frei Martín Sarmiento 2011, e ao ano seguinte, a novela xuvenil, O segredo de Marco Polo.
A finais do ano 2010 foi nomeado presidente de GALIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), cargo que desenvolveu ata finais de 2015. No ano 2011 publica unha novela para adultos titulada In Vino Veritas.
No ano 2013, a súa novela O corazón da Branca de neve resultou gañadora da 13ª edición do Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia.[3]
En 2014 publicou a novela Tes ata as 10 e en 2016 Amor é unha palabra coma outra calquera.
En 2016 pasou a ocupar o cargo de director na Editorial Galaxia, sucedendo no posto a Víctor F. Freixanes.
En 2020 Iridium foi incluída no Catálogo do Centro IBBY de Documentación para Nenos con Dificultades Especiais (Outstanding Books).[4]
No verán de 2023, e a raíz dunha entrevista[5] publicada ao escritor Alberto Ramos no xornal Praza, onde se cuestionaban as políticas administrativas da Editorial Galaxia, xerouse unha polémica en medios e redes sociais,[6][7] que levaron á dimisión de Francisco Castro como director da editorial o 18 de setembro dese ano.[8]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.