Fluído corporal

From Wikipedia, the free encyclopedia

Os fluídos corporais ou biofluídos son líquidos orixinados no interior do corpo das persoas vivas. Comprenden os fluídos que son excretados ou segregados do corpo e a auga corporal.

O compoñente predominante nos fluídos corporais é a auga. Aproximadamente do 60 ao 65% do corpo é auga, que está contida dentro das células (fluído intracelular) e o outro 35 a 40% está fóra das células (fluído extracelular), e este último comprende o fluído que está nos tecidos entre as células (fluído intersticial), a linfa e o sangue. Hai aproximadamente de 6 a 10 litros de linfa no corpo, e de 3,5 a 5 litros de sangue.[1]

Lista de fluídos corporais

Clasificándoos por tipos distinguimos os seguintes:

  • Fluído intracelular
  • Fluído extracelular
    • Fluído intravascular (plasma sanguíneo)
    • Fluído intersticial
    • Fluído linfático (ás veces incluído dentro do fluído intersticial)
    • Fluído transcelular

En plantas: Dentro das plantas circulan os zumes bruto e elaborado dentro dos vasos do xilema e floema, respectivamente. Os fluídos que expulsan denomínanse exsudados.

Saúde

En medicina os fluídos corporais poden servir para transmitir moitas doenzas. Ademais, as análises de mostras de fluídos corporais son moi importantes para o diagnóstico. As prácticas médicas, sanitarias e de hixiene modernas tratan os fluídos corporais como potencialmente contaminados.[2][3]

As mostras de fluídos corporais obtéñense xeralmente por algúns destes métodos:

  • Mostras de sangue para análise de sangue, que pode ser:
    • Sangue arterial, como as extraccións da arteria radial do brazo
    • Sangue venoso
  • Punción lumbar para extraer unha mostra de líquido cefaalorraquídeo
  • Toracocentese para extraer fluído pleural
  • Amniocentese para tomar mostras de fluído aminiótico.

Teoría humoral

Artigo principal: Patoloxía humoral.

Na ciencia médica anterior aos tempos modernos consideraba, xa desde a medicina hipocrática grega da Antigüidade, que os desequilibrios entre os fluídos corporais eran a causa das enfermidades e tamén orixinaban os catro temperamentos, que segundo o romano Galeno eran: colérico, flemático, sanguíneo e melancólico. Estes fluídos, chamados humores, eran: bile (bile amarela), atrabile (bile negra), flegma e sangue. A medicina ayurvédica india tamén fala de humores corporais.

Notas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.