From Wikipedia, the free encyclopedia
O feto é un vertebrado vivíparo en desenvolvemento, no período que transcorre desde o momento en que se completou a etapa embrionaria até antes de que se produza o nacemento.
Durante a vida fetal non se forman órganos ou tecidos novos, senón que se produce a maduración dos xa existentes.
A palabra feto vén do latín fetus, "parto", "alumbramento", "camada". Ás veces, en moitos idiomas, vese escrita como foetus ou fœtus, formas secundarias do latín científico debidas a unha hipercorrección, restituíndo un ditongo non etimolóxico (fetus está relacionado con fecundus, "fecundo", por tanto, a súa raíz é con -e).
Na especie humana, como noutras de vertebrados, o feto xa pasou a etapa embrionaria, de formación de novos órganos, aparellos e sistemas, e pasa a fortalecelos, progresando no seu crecemento e desenvolvemento como ser humano.
Considérase que a etapa fetal comeza ao final da 8ª semana de 8 do embarazo.[1] A organoxénese está case completada. Os xenitais externos, porén, aínda non están diferenciados, o que non permite determinar o sexo do nascituris mediante ecografía.
As células nai comezan o proceso de creación da masa encefálica, o corazón e os pulmóns. Tamén se van formando as cavidades auditivas e, finalmente, formar as extremidades e os músculos e restantes órganos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.