From Wikipedia, the free encyclopedia
Fernando IV de Borgoña, o Emprazado, nado en Alcázar de San Juan[Cómpre referencia] en 1285 e finado en Xaén en 1312, foi rei de Castela e de León desde 1295 ata a súa morte. Era fillo de Sancho IV o Bravo e de María de Molina, neto de Afonso X o Sabio.
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de decembro de 1285 Sevilla, España |
Morte | 7 de setembro de 1312 (26 anos) Xaén, España |
Causa da morte | morte natural |
Lugar de sepultura | Iglesia de San Hipólito (Córdoba) |
Monarca de Castela e León | |
1295 – 1312 | |
Datos persoais | |
Outros nomes | El Emplazado |
Relixión | Catolicismo |
Actividade | |
Lugar de traballo | Castela |
Ocupación | rei |
Outro | |
Título | Rei de Castela Rei de Galicia Rei de León Rei de Toledo |
Familia | Casa de Borgoña |
Cónxuxe | Constança de Portugal (1302 (Gregoriano)–) |
Fillos | Leonor de Castela II, Afonso XI de Castela |
Pais | Sancho IV de Castela e María de Molina |
Irmáns | Pedro de Castela (1290–1319) Felipe de Castela Enrique de Castilla y Molina Alfonso de Castilla Isabel de Castela Beatriz de Castela Violante Sánchez of Castile |
Descrito pola fonte | Svensk Uppslagsbok (pt) Meyers Konversations-Lexikon, 4th edition (1885–1890) (en) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Ó final do seu reinado ostentaba os títulos de Rei de Castela, Toledo, León, Galiza, Sevilla, Córdoba, Murcia, Xaén e o Algarve.
Casou con Constanza de Portugal, filla de Dinís de Portugal, coa que tivo dous fillos:
Tiña nove anos cando morreu o seu pai, polo que asumiu a rexencia e titoría a súa nai, María de Molina, ata que o rei acadou a maioría de idade en 1301. Fernando fora xa proclamado rei en Toledo en 1295, con numerosa representación dos tres brazos políticos de León e de Castela, mais este acto non foi senón o comezo duns anos turbulentos en que non cesaron as intrigas e as loitas polo poder por parte da nobreza e dos reis de Aragón, Portugal e Francia.
Foi un reinado azaroso e difícil. Durante catorce anos desatouse unha grande anarquía contra a que loitou con bastante tino a raíña rexente, muller moi sabia e de grande intelixencia e dominio político. María de Molina puido conter bastantes desaforos e conseguiu manter no trono o seu fillo Fernando. As loitas internas e rivalidades viñan como unha herdanza do reinado anterior. De novo saíron á luz as pretensións do infante Juan, Señor de Valencia de Campos (tío do novo rei, que fora inimigo acérrimo do seu propio irmán Sancho IV) e as do primoxénito de la Cerda, o fillo de Fernando de la Cerda (neto, xa que logo, de Afonso X o Sabio), e por tanto, curmán do rei Fernando IV. Estes dous inimigos souberon aliarse co rei de Portugal, Afonso IV o Bravo, co de Aragón, Xaime II o Xusto e co de Francia, Filipe IV o Fermoso, que era señor de Navarra e que quixo aproveitar as loitas e desavinzas para alargar os seus dominios, propósito que non daría conseguido.
Os nobres levantábanse contra o rei e pedían novas mercés en troques de lealdade, mais unha vez obtidas, volvían ós seus feudos para maquinaren novas sublevacións. Pouco e pouco, e grazas ó gran prestixio que tiña pola súa pericia en asuntos políticos, María de Molina foi conseguindo desarmar estes nobres sublevados. Mesmo o infante Xoán chegou a prestar obediencia ó rei, e o rei de Portugal acalentou os seus ánimos belicosos. María de Molina loitou con tódalas súas armas por manter en paz o trono e poderllo entregar ó seu fillo en condicións bastante favorables, se ben os historiadores contan que cando Fernando IV acadou a maioría de idade se mostrou ingrato coa súa nai e incluso lle pediu contas do investimento dos fondos públicos, fondos que se empregaran en boa parte para manter a paz. A raíña nai soubo afrontar con enteireza e dignidade a situación de humillación en que a puña o fillo, e presentou dilixentemente as contas, que reflectían como ela mesmo contribuíra ao erario con diñeiro propio. Tamén presentou as xoias de Sancho IV, intactas, e mais as súas propias, a requirimento do seu fillo.
Unha das decisións importantes do novo rei foi o acordo de fronteiras co rei de Aragón en 1304, chamado Sentenza Arbitral de Torrellas: o límite para Castela estableceuse na marxe dereita do río Segura, incluíndo a cidade de Murcia. Foi un convenio pouco favorable para Castela. Despois quixo aplacar as pretensións do seu curmán Alfonso de la Cerda, para o que mandou que se lle concedesen moitas vilas e lugares. A paz durou pouco, pois o outro rival, o seu tío o infante Juan, rebelouse de novo, aínda que finalmente María de Molina conseguiu facer fracasar o intento.
Uniuse cos reis de Aragón e Portugal para a conquista de Granada, pero este intento foi un fracaso. Si tivo éxito na conquista de Xibraltar, onde entrou triunfante en agosto de 1305.
Fernando IV tiña na mente atacar e conquistar Alxeciras, que era unha praza moi importante, pero lle sorprendeu a morte na preparación desta empresa en Xaén. Unha lenda sobre a súa morte fala da maldición dos irmáns Carvajales, inimigos do monarca.
A lenda conta que Fernando IV sentía un grande odio por estes dous rivais, Juan e Pedro Alfonso de Carvajal. Pediu ó seu favorito Juan Alfonso de Benavides que os asasinase. Houbo unha loita en lexítima defensa, pero como no altercado morreu o nobre favorito do rei, este mandou prender ós irmáns, que foron achados e detidos na feira de Medina del Campo (Valladolid), cando compraban os arreos para os seus cabalos. O castigo consistiu en encerralos nunha gaiola no castelo de Martos (preto de Xaén), e guindalos ós poucos días polo precipicio. Os irmáns Carvajal declaráranse inocentes, pois a morte do nobre fora en defensa propia e non por asasinato, así que no momento antes de morrer emprazaron ó rei a unha morte segura cando pasase un mes, no caso de seren realmente inocentes, (xuízo de Deus). O rei morreu ó mes xusto da execución, por iso foi coñecido como o Emprazado.
Fernando IV de León e Castela Nacemento: 6 de decembro 1285 Falecemento: 7 de setembro 1312
| ||
Títulos Reais | ||
---|---|---|
Precedido por Sancho IV |
Rei de Castela 1295–1296 e 1304–1312 |
Sucedido por Alfonso de la Cerda Entre 1296 e 1304 Afonso XI |
Rei de Toledo 1295–1296 e 1304–1312 |
||
Rei de Xaén 1295–1296 e 1304–1312 |
||
Rei de Córdoba 1295–1296 e 1304–1312 |
||
Rei de Murcia 1295–1296 e 1304–1312 |
Sucedido por Xaime II de Aragón Entre 1296 e 1304 Afonso XI | |
Rei de León 1295–1296 e 1300–1312 |
Sucedido por Xoán Afonso de Borgoña Entre 1296 e 1300 Afonso XI | |
Rei de Galiza 1295–1296 e 1300–1312 |
||
Rei de Sevilla 1295–1296 e 1300–1312 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.