arqueólogo e escritor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Felipe Senén López Gómez, ás veces coñecido unicamente polos seus nomes propios Felipe Senén, nado no Carballiño o 10 de marzo de 1948, é un arqueólogo galego.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de marzo de 1948 (76 anos) O Carballiño, España |
Actividade | |
Ocupación | arqueólogo, museólogo |
Membro de | |
Fixo os seus primeiros estudos no Carballiño e no Instituto de Ourense, onde traballou como colaborador do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, dirixido entón por Xesús Ferro Couselo. Estudou Filosofía e Letras, especialidade de Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela,[2] ao tempo que facía prácticas de museoloxía e arqueoloxía co historiador Manuel Chamoso Lamas, así como na creación, instalación e posta en funcionamento do Museo das Peregrinacións, e do Museo do Ribeiro; participou igualmente como supervisor de campo nas prospeccións arqueolóxicas do Castro de Viladonga (Castro de Rei) e mais nas da ermida de San Guillermo de Fisterra. En 1975 pasou a reorganizar aspectos no Museo Arqueolóxico da Coruña, localizado no Castelo de Santo Antón, e chegou a ser nomeado director-conservador. No 1996 pasou á Deputación da Coruña como Técnico de Xestión Cultural.[3] É Numerario e Secretario do Instituto Xosé Cornide de Estudos Coruñeses.
Foi fundador da asociación cultural Avantar do Carballiño, da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña e da revista de pedagoxía O Ensino, coas que colaborou con artigos de divulgación e sensibilización sobre o patrimonio cultural de Galicia. É o creador e animador de Amigos do Museo Arqueolóxico da Coruña, inspiradora e base de Amigos dos Museos de Galicia. Preocupado pola linguaxe simbólica na tradición galega, así como pola posta en valor do patrimonio etnográfico e arqueolóxico, ten participado en múltiples publicacións, artigos nos medios de comunicación de Galicia, folletos, guías, programas de radio, TV, prólogos etc. É autor de varios libros, especialmente sobre cuestións en relación coa identidade cultural e recursos turísticos.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.