Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Facho, mañiza de palla atada á que se lle prendía lume ou fogueira acesa nun alto que adoitaba usarse para avisar e guiar os mariñeiros que se atopaban no mar.[1]
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión. Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde febreiro de 2016) |
Neste artigo hai que completar diversas tarefas pendentes:
|
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2016.) |
Un facho pode ser:
Do lat. fascis: feixe. Trátase dunha etimoloxía por metonimia. Inicialmente, un pequeno feixe de plantas como os xuncos ou a palla, apertado e atado, utilizouse dende hai moito tempo como luz artificial para a noite ou as covas. A palabra facho pasou logo a ser un lume con funcións indicadoras. Deste xeito, era colocado nos outeiros como sinais de orientación ou avisos. Posteriormente, a súa localización pasaría a propiciar que se nomeasen así os lugares altos onde se facían lumes. De aí, a evolución semántica da palabra.
Antigamente, os faros materializábanse como fachos acendidos en torres. Entre os séculos IX-XII, as costas galegas foron atacadas por viquingos, vándalos e musulmáns.[Cómpre referencia] Nos séculos XV, XVII, XVIII e XIX, foron os ingleses, franceses e holandeses, entre outros os que máis atacaban as costas galegas. Estes últimos ataques ao litoral galego propiciaron a creación dunha rede de fachos que se intercomunicaban mediante fume ou fogo cando algún dos pobos divisaba embarcacións perigosas.[Cómpre referencia] Desta forma avisaban ao xefe de grupos armados), e ás vilas, que acudían para a súa defensa. No 1670, Domenico Laffi relataba que no Monte Facho de Fisterra había unha torre que estaba feita para acender o fogo na súa parte máis elevada.[Cómpre referencia] Estaba aí porque, de tódalas nacións que navegan polo Océano, todos pasaban a coñece-lo Cabo Fisterrá e moitas veces desembarcaban na Vila provocando numerosos danos.[Cómpre referencia] Era entón cando, co fogo desta torre, facíanse sinais ás vilas veciñas, que sucesivamente dunhas ás outras íanse pasando o aviso de perigo. Nunha hora, todo o Reino de Galiza estaba en sobreaviso e acudía armado ata aquel cabo para defendelo.[Cómpre referencia]
Por descontado, os fachos tamén funcionaron como guías e, así mesmo, hai constancia de que se acendían fachos en lugares falsos para provocar naufraxios.
De norte a sur, a denominada Ruta dos fachos de Galiza contén as seguintes localizacións que se recollen na obra de D. José Cornide titulada Descripción circunstanciada de la costa de Galicia, y raya por donde confina con el inmediato Reino de Portugal, da que, ao compara-los nomes cos actuais, obsérvase que algúns perdéronse:
|
|
Non tódolos lugares nos que se ten constancia da existencia de fachos conservan no seu nome tal suceso. Algún dos que aínda se poden atopar son:
Moitos son os escritores e poetas que citan aos fachos nas súas obras. Algúns exemplos son:
Laurindo Rabelo Hino (1863) O facho do Helesponto apaga o dia, sem que aos olhos de Hero o sono traga, que dentro de sua alma não se apaga o fogo com que o facho se acendia. |
Queixumes dos pinos (1886) ¡Ou rapacetes rebertes, De tenro corpo lanzal; E tan libres, com' os corvos, Do facho de Touriñan! (...) Nunha cousa convêrteme, Insensibre e cerval; Convérteme n' un rudo Facho, por pïedá... Bárreme da memoria, Este soñar audaz, Arráncame da alma |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.