From Wikipedia, the free encyclopedia
Os evanxeos apócrifos son escritos redactados e recompilados nos primeiros séculos do cristianismo que recollen ditos e feitos de Xesús de Nazaret, as súas ensinanzas, a natureza de Deus ou as ensinanzas dos Apóstolos e as súas vidas. Estes escritos non foron recoñecidos pola Igrexa ortodoxa, a Igrexa siríaca, a Igrexa ortodoxa copta, a Igrexa apostólica asiria, a Igrexa apostólica armenia, a Igrexa etíope tewahedo e a Igrexa católica nin polo protestantismo como expresión da fe.
A palabra apócrifo é unha palabra de orixe grega que significa agochado. Este adxectivo deriva dos escritos manexados polo gnosticismo, cuxos seguidores se concibían a si mesmos como escollidos aos que lles estaba reservado o coñecemento de revelacións misteriosas e ocultas ao común das xentes. Pero referirse aos escritos gnósticos como "apócrifos" é enganoso, posto que non serían considerados como tales polos crentes máis ortodoxos dende o punto de vista doutrinario. Os Pais Gregos usaban o termo como sinónimo de antilegomena (documento disputado), aínda que certos libros canónicos tamén foron disputados, como a Apocalipse de San Xoán. Os expertos usan tamén o termo como sinónimo de pseudografía, termo aplicado a documentos de atribución falsa como o Evanxeo de Pedro, no que un autor anónimo emprega o nome dun apóstolo para titular o seu traballo. A partir do Concilio de Trento a palabra "apócrifo" adquiriu connotacións negativas e tornouse sinónimo de "falso".
As comunidades xudeu-cristiás do primeiro cristianismo manexaron textos en hebreo e arameo. Os ebionitas manexaron os seus propios textos coherentes co monoteísmo radical do xudaísmo. Siria e Exipto foron prolíficas neste tipo de escritos. Neste caso obsérvanse dúas tendencias:
Correntes como o dualismo propio do maniqueísmo sumáronse ao gnosticismo no senso de desprezar o carnal e o material e, polo tanto, non buscaban tanto reflectir feitos soamente históricos, senón mensaxes de elevación mística e revelación espiritualista.
O marcionismo, ao establecer o seu propio canon que non aceptaba máis que o Evanxeo de Lucas e algunhas cartas atribuídas a Paulo de Tarso, provocou nas comunidades que se foron aglutinando en torno aos patriarcados incipientes de Alexandría, Xerusalén e Antioquía que se fose realizando unha escolma de textos que se entendía que reflectían a experiencia de fe transmitida polos apóstolos.
O recoñecemento de determinados textos por parte de figuras ás que se recoñeceu especial autoridade (Pais da igrexa) foi tamén un criterio de escolla e depuración. Oríxenes enumera varios libros apócrifos xa no século III. Foi un proceso de decantación que se produciu devagar ata a lista definitiva de Atanasio de Alexandría na que menciona os 27 textos do Novo Testamento.
Posteriormente, o Fragmento Murotariano, unha carta de Inocencio I, e o denominado Decreto Xelasiano pretenden dar un carácter fixo e definitivo ao conxunto de textos canónicos.
A escaseza de información sobre a infancia de Xesús nos evanxeos provocou unha gran demanda sobre os primeiros anos da súa vida entre os primeiros cristiáns. Esta demanda foi satisfeita por diversos textos redactados a partir do século II d.C. Ningún deles foi aceptado no canon bíblico, a pesar do gran número de exemplares sobreviventes que dan idea da súa popularidade.
A maior parte foi baseada no máis antigo dos evanxeos da infancia, o Evanxeo da Infancia de Tiago (tamén chamado Proto-evanxeo de Tiago), no Evanxeo da Infancia de Tomé, e na combinación posterior de ambos no Evanxeo de Pseudo-Mateo (tamén chamado "Evanxeo da Infancia de Mateo" ou "Nacemento de María" e "Infancia do Salvador").
Son evanxeos pertencentes a seitas xudeocristiás que conservaban unha forte relación co xudaísmo, e que mantiñan a Lei mosaica:
Existiron moitas versións alternativas e editadas doutros evanxeos durante os primeiros anos do cristianismo. Na maior parte das veces o texto afirma ser unha versión máis antiga ou unha versión sen os engadidos ou distraccións feitas polos opoñentes nas versións máis recoñecidas. Os Pais da Igrexa insistían en que eran estas versións rivais as que distorsionaban o texto orixinal, aínda que non todos os estudosos modernos coincidan. É tema de debate se existe ou non algunha versión máis antiga dos evanxeos canónicos. Algúns detalles dos seus contidos só sobreviviron nas referencias que deles facían os que escribían argumentos na súa contra. Por iso non está claro se eran moi distintos entre eles, ou se eran todos eles diferentes obras, ou varios títulos referidos a un mesmo texto.
Adoitan exculpar a Roma da crucifixión de Xesús:
Na era moderna recuperáronse moitos téxtos gnósticos, especialmente tras o descubrimento da Biblioteca de Nag Hammadi en 1945. Algúns textos expoñen a cosmoloxía esotérica e a ética defendida polos gnósticos. Moitas veces adoptan a forma de diálogos nos que os discípulos preguntan a Xesús e este expón o seu coñecemento esotérico. Hai un texto coñecido como Epístola Apostolorum que é unha polémica contra o esoterismo gnóstico, pero está tamén escrito ao xeito do resto dos textos gnósticos.
Os setianos era un grupo que adoraba ao Seth bíblico, terceiro fillo de Adán e Eva como unha figura mesiánica, sendo Xesús como unha reencarnación de Seth. Produciron varios textos nos que se expuña a súa cosmoloxía esotérica:
Os 'Feitos dos Apóstolos' foi un xénero literario no cristianismo primitivo, que contaba a historia do movemento cristián tras a Ascensión de Xesús a través das vidas e obras dos seus Apóstolos, principalmente Pedro, Xoán e Paulo. O texto chamado Feitos dos Apóstolos foi incluído no canon bíblico, sendo a segunda parte dunha obra iniciada co Evanxeo de Lucas[1].
Entre os apócrifos abundan os feitos sobrenaturais. Segundo a tradición, unha parte deles foron escritos por Leucius Charinus, compañeiro do apóstolo Xoán. Os "Feitos de Tomé" e os "Feitos de Pedro e os doce" son considerados textos gnósticos.
Existen tamén varias epístolas non canónicas dirixidas polos seus autores tanto a individuos concretos como a comunidades eclesiásticas. Algunhas delas foron consideradas importantes pola Igrexa antiga:
Diversas obras describen visións escatolóxicas, discutindo o futuro, a vida despois da morte, a fin do mundo etc:
Moitos textos son descricións dos eventos que rodearon o destino da María (a nai de Xesús):
Ademais das obras apócrifas coñecidas, existen tamén algúns pequenos anacos de obras que nos son descoñecidas no seu formato completo. Algúns dos máis importantes son:
Existen diversos textos mencionados en moitas fontes antigas e que foron considerados dende a ortodoxia da época como apócrifos, aínda que non chegaron ata nós:
Aínda que moitos libros citados aquí son considerados heréticos, outras obras non son consideradas particularmente heréticas no contido, e son en realidade aceptadas como libros de importante valor espiritual. Non son, a pesar diso, considerados canónicos.
Entre os historiados do cristianismo primitivo, estes libros teñen un valor incalculable, especialmente os que case entraron no canon final, como o Pastor de Hermas. Bart Ehrman, por exemplo, di:
“ | Os vitoriosos nas disputas para establecer a ortodoxia cristiá non só gañaron as súas batallas teolóxicas, senón que tamén reescribiron a historia do conflito. Os líderes posteriores naturalmente asumiron que os puntos de vista vitoriosos foran aceptados pola maioría dos cristiáns dende o inicio... A práctica da falsificación cristiá ten unha longa e dilatada historia... o debate durou más de trescentos anos... mesmo dentro dos círculos "ortodoxos" había un considerable debate sobre que libros deberían ser incluídos no canon. | ” |
— Barth Ehrman, Lost Christianities[2] |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.