Basílides
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Basílides foi un teólogo gnóstico de Alexandría do século II. As súas teorías coñécense a través de santo Ireneu (Adversus haereses) e santo Hipólito.
Basílides tivo numerosos discípulos, tanto en Exipto como na Europa meridional. Distinguiuse polo uso de expresións misteriosas e amuletos, como Abraxas. Os seus seguidores, os basilidianos, dirixidos polo seu fillo Isidoro, formaron unha seita gnóstica, a cal desapareceu no século IV.
Remove ads
Cosmogonía
Basílides opuña o caos ou materia confusa, a que xeraba o mal, a un principio divino inaccesible e sostiña que o Fillo que enviara o Pai só morrera en aparencia e carecía de corpo humano.
Segundo Ireneu de Lión, Basílides ensinaba que do Deus supremo xurdiran 365 ceos, un dos cales -o noso- oculta un mundo "sublunar" e está gobernado por un demiúrgo subalterno: o Yahvé dos xudeus.
Segundo Hipólito de Roma, Basílides fai derivar toda existencia dunha divindade suprema inconcibible, da que se procrean, en sucesivos despregues, numerosos estratos, o último dos cales é o noso mundo, gobernado polo deus dos xudeus. Concibe unha redención totalmente intelectual, consistente na súbita revelación (gnose) da existencia de Deus, ao que descoñecemos polo orgullo inconsciente (isto comportaría unha grande ignorancia, que cubriría o universo e a cada ser humano, e non permitiría coñecer outros mundos superiores a este, e só quedarían os desexos de elevarse por riba de tal condición).
A moral de Basílides era austera, e aconsellaba absterse do matrimonio.
Remove ads
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads