Euonymus é un xénero de plantas anxiospermas da familia Celastraceae. Ten diversos nomes comúns, tipicamente aplicados á especie Euonymus europaeus, como fuseira, pauguirgoriño, bonete de preste, bonete de crego, árbore da serpe ou, simplemente, evónimo[1][2][3][4]. Comprende sobre 130 especies de arbustos caducifolios e perennifolios, árbores pequenas e lianas.[5][6] Son maioritariamente nativas da Asia oriental, até o Himalaia, mais tamén están distribuídas por Europa, Australasia, América do Norte e Madagascar. Cincuenta especies son endémicas da China[7].
Evónimo (xénero Euonymus) | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Follas e froitos da fuseira (Euonymus europaeus) | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
|
Descrición
As flores inconspicuas aparecen en grupos pequenos e poden ser verdes, amarelas, rosa ou dun castaño avermellado segundo as especies[7]. As follas son opostas (raramente alternas) e ovoides simples, cunha lonxitude típica de 2 a 15 cm, e normalmente cunha marxe finamente serrada. O froito é unha baga de cor rosa ou branca e aspecto similar a unha vaíña, con catro ou cinco valvas que se abren para mostrar as sementes, caracterizadas por teren unha cuberta carnosa laranxa ou vermella.
As aves fruxívoras comen estas sementes e dixiren a súa cuberta carnosa, de maneira que as dispersan ao defecaren. Moitas especies de evónimos teñen uso medicinal e certas partes das plantas poden ser velenosas para os humanos.[8]
Cultivo e usos
A madeira dalgunhas especies era usada tradicionalmente para facer carbón vexetal (como compoñente da pólvora ou para o debuxo artístico), así como na elaboración de fusos para fiar a la; este uso pode ser a orixe do nome común fuseira.[9]
Os evónimos son arbustos frecuentes nos xardíns a causa do carácter decorativo das súas bagas e da súa follaxe, dado que as especias caducifolias adoitan presentar coloracións outonais dun vermello brillante. Con todo, certas especies poden ser invasoras, como acontece co Euonymus alatus nos bosques do nordeste dos Estados Unidos, ou chegar a naturalizarse, como o evónimo xaponés nas fragas do Mandeo[10].
Diversidade
Esta lista contén algunhas das súas especies:[11]
|
|
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.