Unha liana[1] é unha planta rubideira de talo moi longo e leñosa que está enraizada no solo a nivel do chan e utiliza as árbores ou outros medios de soporte vertical, para rubir ata o dosel do bosque e acceder á luz.[2] As lianas son características dos bosques tropicais húmidos de frondosas (especialmente o bosque estacional tropical), pero poden encontrarse tamén en bosques chuviosos temperados. Hai tamén lianas de climas temperados, por exemplo os membros do xénero Clematis ou Vitis (vides silvestres). As lianas poden formar pontes entre o dosel do bosque, facilitando a locomoción arbórea dos animais como se fosen camiños polo alto das árbores. Estas pontes poden protexer as árbores febles dos ventos fortes, xa que son sostidas por outras árbores máis rexas. Outras lianas poden impedir o crecemento das árbores, que acaban morrendo. As lianas compiten coas árbores do bosque pola luz do sol, a auga e os nutrientes do solo.[3]
O termo "liana" non é un agrupamento taxonómico,senón que describe un tipo de crecemento que presentan algunhas especies, similar a dicir para outras especies "árbore" ou "arbusto". Poden encontrarse lianas en moitas familias de plantas. Unha maneira de distinguir as lianas das árbores e dos arbustos está baseada na rixidez, concretamente no módulo de Young de varias partes do tronco. As árbores e arbustos teñen ramiñas novas e ramas pequenas que son bastante flexibles e ramas vellas e troncos que son duras. Unha liana adoita ter crecementos novos ríxidos e os máis vellos con crecemento máis flexible na base do talo.[4]
Xéneros importantes
Entre os xéneros descritos que conteñen especies de lianas están os seguintes:
Gnetophyta
- Gnetum spp.
- Mendoncia spp.
- Thunbergia spp. (por exemplo, T. grandiflora, T. mysorensis)
Ancistrocladaceae
- Ancistrocladus spp.
Annonaceae
- Uvaria spp.
- Odontadenia spp.
- Aristolochia spp.
Bignoniaceae
- Anemopaegma spp.
Capparaceae
- Capparis spp.
Vitaceae
- Cissus spp. (por exemplo, C. hypoglauca)
- Tetrastigma spp.
Connaraceae
- Connarus spp.
Dilleniaceae
- Doliocarpus spp.[3] (neotropicais)
Dioscoreaceae
- Dioscorea spp.: a familia do yam (por exemplo, D. sylvatica)
- Caesalpinia (por exemplo, C. mimosoides, C. sumatrana)
- Lasiobema (=Bauhinia) scandens etc.
- Pterolobium spp.
- Machaerium spp.
- Mucuna spp. (M. bennettii)
- Strongylodon spp. (inclúe a S. macrobotrys)
- Mimosoideae
- Acacia some spp. (por exemplo, A. concinna)
- Entada spp.
- Papilionoideae
- Dalbergia armata: de África subtropical (nota: moitas especies deste xénero son árbores)
Loganiaceae
- Strychnos spp. (por exemplo, S. axillaris)
Palmae
- ratáns: varios xéneros incluíndo:
- Calamus spp.
- Daemonorops spp.
- Moutabea: especialmente M. aculeata
- Paullinia spp.
Schlegeliaceae
- Schlegelia spp.
Smilacaceae
- Smilax spp.
Ecoloxía
As lianas compiten intensamente coas árbores, reducindo moito o crecemento das árbores[5] e a súa reprodución,[6] aumentando de forma importante a mortalidade da árbore,[7] impedindo que as plántulas das árbores se establezan e prosperen,[5] e alterando o curso de rexeneración dos bosques.[8] As lianas tamén proporcionan a moitos animais arborícolas acceso a rutas no dosel do bosque, entre os que están as formigas e moitos outros invertebrados, lagartos, roedores, preguiceiros, monos e lémures. Por exemplo, nos bosques tropiacais do leste de Madagascar moitos lémures teñen maior mobilidade grazas á rede de lianas que crecen entre as árbores. Moitos lémures prefiren árbores con lianas como sitios onde repousar.[9] As lianas tamén proporcionan soporte ás árbores cando sopran fortes ventos.[10] Porén, poden ser tamén destrutivas cando unha das árbores acaba cedendo e cae, xa que as conexións creadas polas lianas poden arrastrar na caída a outras árbores.[10]
Charles Darwin sinalou que, como as lianas están apoiadas noutras plantas, poden aforrar recursos que outras plantas deben utilizar en maior cantidade para o desenvolvemento das súas estruturas e as lianas utilizan os recursos aforrados para o seu propio crecemento e reprodución. En xeral, as lianas son prexudiciais para as árbores nas que se apoian: as taxas de crecemento son menores nas árbores con lianas, danan directamente os seus hóspedes por abrasión mecánica e estrangulación, fan que os hóspedes sexan máis susceptibles aos danos por xeo e danos polo vento, e incrementan a probabilidade de que a árbore hóspede caia. As lianas tamén fan as copas das árbores máis accesibles aos animais que comen follas, o que non é bo para a árbore. Debido a todos estes efectos negativos, as árbores que non teñen lianas teñen vantaxe; nalgunhas especies evolucionaron características que lles axudan a evitar ou a protexerse das lianas.[11]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.