Mono (animal)

From Wikipedia, the free encyclopedia

Mono (animal)

Mono é un termo non taxonómico que designa un amplo conxunto de primates simiiformes.

Thumb
Cría de mona de Xibraltar (Macaca sylvanus).

Os termos mono e simio son sinónimos,[1] pero na xerga zoolóxica adoita distinguirse entre ambos os termos por influencia do inglés, idioma no que os termos equivalentes monkey e ape teñen diferente significado.

Así, en dita xerga científica, os monos actuais comprenderían os Platyrrhini (monos do Novo Mundo) e os Cercopithecoidea (monos do Vello Mundo), pero non os primates hominoides máis próximos ao ser humano, como o orangután, o gorila, o chimpancé e os xibóns, que serían simios. A diferenza destes, os monos posúen polo xeral cola, teñen un esqueleto máis primitivo e son máis pequenos.

Este uso da palabra simio como tradución da palabra inglesa ape, restrinxida aos primates sen cola, é erróneo, e non corresponde ao galego. Sería quizais recomendábel para este uso a palabra hominoide, como se aconsella tamén en castelán.[2]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.