Os platirrinos (Platyrrhini, do grego πλατυς, platys, 'chan', e ρινος, rhinos, 'nariz') ou monos do novo mundo son un parvorde que inclúe ás cinco familias de primates nativas de América Central e do Sur: Cebidae, Aotidae, Pitheciidae, Atelidae e Callitrichidae.[1] Publicacións como MSW recoñecen a existencia de 4 familias, sendo Callitrichidae considerada unha subfamilia (Callitrichinae) de Cebidae.[2] Estas cinco familias compóñense de 9 xéneros e 120 especies, o 20% das especies de primates recoñecidas.
Monos do Novo Mundo | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
O mono araña, Ateles hybridus | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Familias | |||||||||||||||
|
Clasificación
Este clado, clasicamente considerábase integrado por só dúas familias Callitrichidae (antes Hapalidae) e Cebidae. En 1980 Rosemberg, redefiniu as familias e ampliou o seu número a cinco, tal como se clasifican no presente. Colin Groves en 2001, recoñece só catro familias situando a Callitrichidae como unha subfamilia (Callitrichinae), dentro da familia Cebidae, incluíndo os xéneros Callithrix, Saguinus, Leontopithecus e Callimico. Rylands e Mittermeier en 2009, sitúa a Callitrichidae como unha familia á parte, incluíndo adicionalmente aos xéneros Cebuella, Callibella e Mico.
Localización das familias de platirrinos dentro dos primates:
- Orde Primates
- Suborde Strepsirrhini
- Suborde Haplorrhini
- Infraorde Tarsiiformes
- Familia Tarsiidae
- Infraorde Simiiformes
- Parvorde Platyrrhini:
- Familia Callitrichidae
- Familia Cebidae
- Familia Aotidae
- Familia Pitheciidae
- Familia Atelidae
- Parvorde Catarrhini
- Parvorde Platyrrhini:
- Infraorde Tarsiiformes
Notas
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.