Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os estafilínidos (Staphylinidae) son unha familia de escaravellos,[1] que se distinguen principalmente polos seus curtos élitros (primeiro par de ás cobertoras) que deixan máis da metade do abdome sen cubrir. O grupo ten unhas 63 000 especies en miles de xéneros, e actualmente considérase a familia máis grande existente de escaravellos. É un grupo antigo, con fósiles coñecidos desde o Triásico, hai 200 millóns de anos, e posiblemente incluso anteriores se o xénero Leehermania se confirma que era membro desta familia.[2] Son un grupo de escaravellos diverso ecolóxica e morfoloxicamente, e son comúns nos ecosistemas terrestres.
Staphylinidae | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estafilínidos de Eurasia occidental | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Subfamilies | |||||||||||||||||
|
Como era de esperar nunha familia tan grande, hai unha considerable variación entre as especies. O seu tamaño vai de <1 a 35 mm, coa maioría entre 2 e 8 mm, de forma é xeralmente alongada, e a maioría son ovoides. As cores van do amarelo e vermello ao marrón e castaño ous negro ou ao azul e verde iridescentes. As antenas xeralmente teñen 11 segmentos e son filiformes, cunha forma moderada de maza nalgúns xéneros. O abdome pode ser moi longo e flexible e algúns semellan superficialmente cadelas de frade.
Algúns membros de Paederina (concretamente o xénero Paederus), unha subtribo de Paederinae, contén un potente vesicante na súa hemolinfa que pode producir unha dermatite na pel.[3] O irritante pederina é moi tóxico, máis potente que o veleno de ofidios como a naia.[4]
Os estafilínidos poden aparecer en calquera tipo de hábitat en que poidaen aparecer escaravellos, e as súas dietas inclúen case de todo menos tecidos vivos de plantas superiores, pero incluso unha especie,Himalusa thailandensis, descubriuse recentemente que come tamén plantas superiores. A maioría dos estafilínidos son predadores de insectos e outros invertebrados, vivindo nas follas secas caídas de bosques e materia vexetal similar en descomposición. Son tamén comúns baixo pedras e arredor das beiras de ríos e lagos. Case 400 especies viven nas costas do mar que quedan mergulladas ao subir a marea,[5] incluíndo Thinopinus pictus,[6] aínda que estes son moito menos do 1% do total mundial de especies da familia. Outras especies adaptáronse a vivir como inquilinos nas colonias de formigas e térmites, e algúns viven en relacións mutualistas con mamíferos nas que comen pulgas e outros parasitos, beneficiando ao hóspede. Unhas poucas especies, notablemente as do xénero Aleochara, son preeiras, ou son ]]parasitoide]]s doutros insectos, particularmente de certas pupas de moscas.
Aínda que o apetito dos estafilínidos por outros insectos parecería facelos candidatos obvios a ser axentes para o control biolóxico de pragas, e empiricamente crese que son controis importantes na natureza silvestre, o feito é que os experimentos realizados usándoos non foron moi exitosos. Obtívose maior éxito con especies parasitoides (xénero Aleochara).
Os estafilínidos do xénero Stenus son insectos moi interesantes. Son predadores especialistas de pequenos invertebrados como os colémbolos. O seu labio pode sobresaír da cabeza utilizando a presión da hemolinfa. O pequeno bastón do labio acaba nunha almofadiña de pelos rasposos e ganchos e entre estes pelos hai pequenos poros que exsudan unha substancia adhesiva parecida ao pegamento, que se pega á presa.[7]
A clasificación das 63 000 especies de estafilínidos (en 2015) está en construción e é controvertida. Algúns autores propoñen unha organización do grupo en 10 familias separadas, pero o sistema actual máis aceptado é dividilos en 31 subfamilias, unhas 100 tribos (algunhas agrupadas en supertribos) e uns 3 200 xéneros. Cada ano descríbense unhas 400 especies novas, e algunhas estimacións suxiren que tres cuartas partes das especies tropicais están aínda sen describir.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.