Eridu
From Wikipedia, the free encyclopedia
Eridu (en cuneiforme: 𒉣𒆠, romanizado: NUN.KI; sumerio: eridugki; en acadio: irîtu; en arabe: ʾirīdū, إريدو) foi unha antiga cidade sumeria. Eridu foi a máis meridional do conglomerado de cidades que creceu ao redor dos templos, case a vista doutra, en Sumeria, ao sur de Mesopotamia.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2015.) |
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Iraq | |||
Provincias | Dhi Qar | |||
Poboación | ||||
Poboación | 5.000 (hai 100.000 anos) (15.151,52 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 33 ha | |||
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | ||||
Data | 2016 (40ª Sesión) | |||
Identificador | 1481-007 | |||
Foi fundada probablemente cerca do Golfo Pérsico preto da desembocadura do río Éufrates, pero coa acumulación do sedimento sobre as beiras durante os milenios, os restos da cidade están espallados en varios tells por unha grande área, agora lonxe do golfo en Tell Abu Shahrain (en árabe: تل أبو شهرين), tamén Abu Shahrein ou Tell Abu Shahrayn, un sitio arqueolóxico na Baixa Mesopotamia, a uns 24 quilómetros ao suroeste de Ur, que se atopa na gobernación de Dhi Qar, Iraq, preto da moderna cidade de Basora. Está considerada unha das cidades máis antigas de Mesopotamia e a primeira cidade prediluviniana, segundo a Lista de reis sumerios.
Os deuses da cidade de Eridu eran Enki e a súa consorte Damkina. Enki, máis tarde coñecido como Ea, considerouse que fundou a cidade. O seu templo chamábase E-Abzu, xa que se cría que Enki vivía en Abzu, un acuífero do que se pensaba que derivaba toda a vida. Segundo os himnos do templo sumerio, outro nome para o templo de Ea/Enki foi a denominación de Esira (Esirra):[1][2]
"... O templo está construído con ouro e lapislázuli, a súa fundación no mar de abaixo (apsu) está cuberta. Á beira do río de Sippar (Éufrates). Oh Apsu, puro lugar de propiedade, Esira, que o teu rei estea dentro de ti..."
Nas proximidades de Ur houbo un templo de Ishtar de Eridu (construído polo gobernante de Lagash Ur-Baba) e un santuario de Inanna de Eridu (construído polo gobernante Ur III, Ur-Nammu). Ur-Nammu tamén rexistrou a construción dun templo de Ishtar de Eridu en Ur que se supón que foi unha reconstrución.[3][4]
Un dos barrios relixiosos de Babilonia, que contiña o templo chamado Esagila, así como o templo de Annunitum, entre outros, tamén foi chamado Eridu.[5]
Historia
Investigacións arqueolóxicas foron levadas a cabo nos anos 40. Parece que o asentamento máis antigo foi ao redor do 5000 a. C. Segundo Oppenheim, "Finalmente o sur enteiro decaeu ao estancamento, abandonando a iniciativa política aos gobernantes das cidades do norte.” e a cidade foi abandonada no 600 a. C.
Eridu nunca foi unha gran cidade a pesar de que os sumerios pensaban que era a máis antiga e fixeron dela a morada dun dos seus principais deuses, Enki, señor das augas e das técnicas. O xacemento preséntase na actualidade como un conxunto de outeiros (tell) que rodean os restos dun cigurat mal conservado construído por Amar-Sîn (2046-2038 a. C.), terceiro rei de Ur III. Baixo un dos ángulos do cigurat os arqueólogos Fuad Safar e Seton Lloyd exhumaron ata dezasete niveis de templos superpostos; no seu nivel máis baixo (ocupado por un templo dunha soa cámara con nicho e alatar) atopouse cerámica típica de Eridu, que presentaba afinidades coa cerámica transicional post-Samarra descuberta en Choga Mami. As escavacións iraquianoinglesas en Eridu de 1946-1949 descubriron que a parte meridional de Iraq estiveron habitadas dende, cando menos, o 5000 a. C. e que foi alí onde se orixinou a cultura de El Ubaid.
Mitoloxía
Na Lista de reis sumerios, Eridu é nomeada como a cidade do primeiro rei: Despois do reinado vindo do ceo, o reinado tivo lugar en Eridug. En Eridug, Alulim chegou a ser rei; gobernou durante 28 800 anos. Alaljar gobernou durante 36 000 anos. Dous reis; gobernaron durante 64 800 anos. Entón Eridug caeu e o reinado foi dado a Bad-tibira. A lista de reis dá gobernos particularmente longos (imposibles) aos reis que viñeron antes do diluvio.
Mito de Adapa
Segundo outro mito, Adapa, gardián de Eridu, foi un exorcista, con poderes extraordinarios para combater os demos que atormentaban a imaxinación mesopotámica. Atopou o seu lugar entre os "apkallu" os sete famosos sabios. Era un mortal de liñaxe divina, como moitos heroes gregos que se mantiñan entre o limiar dos dous mundos. Cando rompeu as ás do Vento do Sur que envorcaran a súa embarcación de pesca, Adapa foi chamado ante Anu. Ea, o seu deus patrón, advertiulle que non tomase comida ou bebida mentres estivese no ceo, e así enganou Adapa a inmortalidade que fose súa.
Na corte de Asiria, médicos especiais formáronse no antigo saber de Eridu, lonxe no sur, previron o curso da enfermidade a partir dos signos no corpo do paciente, signos que non debemos precipitarnos a relacionar cos "síntomas" na nosa perspectiva contemporánea, e ofreceron os feitizos e recursos máxicos apropiados.
Na mitoloxía sumeria, Eridu foi a casa do deus Enki, o homólogo sumerio do deus da auga Ea. Como todos os deuses sumerios e babilónicos, Enki/Ea comezou como un deus local, quen veu compartir, segundo a cosmoloxía posterior, xunto con Anu e Enlil, o goberno do cosmos. O seu reino foron as augas que rodearon o mundo e permanecían debaixo del.

Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.