Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un epixenoma consiste nun rexistro dos cambios químicos no ADN e proteínas histonas dun organismo; estes cambios poden ser transmitidos dun organismo á súa descendencia por herdanza epixenética transxeneracional. Os cambios no epixenoma poden dar lugar a cambios na estrutura da cromatina e cambios na función do xenoma.[1]
O epixenoma está implicado na regulación da expresión xénica, desenvolvemento, diferenciación dos tecidos e supresión de elementos transpoñibles. A diferenza do xenoma subxacente, que permanece en gran medida estático nun individuo, o epixenoma pode ser alterado drasticamente polas condicións do ambiente.
Actualmente a epixenética é un campo activo na investigación do cancro. Os tumores humanos sofren unha importante alteración nos seus padróns de modificación da metilación do ADN e histonas. A paisaxe epixenética aberrante da célula cancerosa caracterízase por unha hipometilación xenómica global, hipermetilación de promotores de illas CpG de xenes supresores de tumores, un código de histonas alterado en xenes fundamentais e unha perda global de histonas H4 monoacetiladas e trimetiladas.
Como preludio dun potencial Proxecto Epixenoma Humano, o Proxecto Piloto Epixenoma Humano ten como obxectivo identificar e catalogar as Posicións Variables de Metilación (Methylation Variable Positions, MVPs) no xenoma humano.[2] Os avances na tecnoloxía de secuenciación permiten agora ensaiar estados espixenómicos de xenoma completo por múltiples metodoloxías moleculares.[3] Para investigar o epixenoma propuxéronse ou construíronse aparellos a micro e nanoescala.[4]
En 2010 comezou unha iniciativa internacional para ensaiar epixenomas de referencia por medio do Consorcio Internacional do Epixenoma Humano (International Human Epigenome Consortium, IHEC).[5][6][7][8] Os membros do IHEC pretenden xerar polo menos 1000 epixenomas humanos (estándar) de referencia para diferentes tipos de tipos celulares humanos normais e relacionados con doenzas.[9][10][11]
Un obxectivo do NIH Roadmap Epigenomics Project Arquivado 08 de abril de 2021 en Wayback Machine. (Proxecto Mapa de ruta Epixenómico do NIH) é xerar epixenomas de referencia humanos a partir de individuos normais con boa saúde nunha gran variedade de liñas celulares, células e tecidos primarios. Os datos obtidos no proxecto, que se poden buscar e descargar do Atlas do Epixenoma Humano, son de cinco tipos, que ensaian diferentes aspectos do epixenoma e resultados dos estados epixenómicos (como a expresión xénica):
Os epixenomas de referencia de indviduos con boa saúde permitirán acadar o segundo obxectivo do Proxecto Mapa de ruta Epixenómico (Roadmap Epigenomics Project), que é examinar as diferenzas epixenómicas que ocorren en estados de enfermidade como a enfermidade de Alzheimer.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.