From Wikipedia, the free encyclopedia
Denomínase enema,[1], lavativa,[2] ou clister,[2] ao procedemiento terapéutico de introducir líquidos no recto ou no colon a través do ano, así como ao instrumento co que se realiza esta operación.[2]
Os enemas poden llevarse a cabo por razóns médicas ou de hixiene, con fins diagnósticos, ou como parte de terapias alternativas ou tradicionais, e mesmo para obter excitación sexual.
Os enemas médicos ou por hixiene úsanse desde hai séculos e son basicamente de dous tipos:[3]
Os enemas evacuantes, que xeralmente actúan de inmediato (de 15 a 20 minutos como máximo), úsanse para tratar a retención fecal, a eliminación de fecalomas, ou o estrinximento, como, por exemplo, nas mulleres embarazadas úsanse para aliviar a molestia causada por este, que a algunhas lles produce a inxesta de suplementos nutricionais.
Os enemas opacos (ou de retención), que requiren a retención da substancia introducida durante dun mínimo de trinta minutos até varias horas, úsanse para introducir medicamentos ou substancias radiopacas, como o sulfato de bario, e así visualizar mediante exploracións radioscópicas ou radiográficas imaxes do tracto intestinal inferior con fins diagnósticos.[4]
Tamén existían enemas para a alimentación por vía rectal, pero actualmente están en desuso.
Os enemas clismafílicos son enemas que se realizan como vehículo para obter excitación sexual, é dicir, que forman parte de prácticas sexuais, como expresión ou variación de parafilias, sobre todo sadomasoquistas.[5]
Os enemas evacuantes realízanse con auga, solucións salinas, solucións xabonosas, emulsións con aceite o con glicerina e solucións hipertónicas; existen tamén preparados comerciais. Xeralmente todas estas substancias aplícanse á temperatura corporal (37 °C).
Os enemas opacos ou de retención (ás veces precedidos por enemas de evacuación ou limpeza) fanse con aceite de oliva (enema oleoso ou emoliente), medicamentos diversos como antihelmínticos ou laxantes e antisépticos, sulfato de bario e líquidos con nutrientes en caso do enema alimenticio, así como líquidos para a hidratación (proctólise).
En medicina alternativa úsanse enemas de café para afeccións hepáticas polo seu efecto colerético (é dicir, activador da produción da bile).[6]
Xeralmente non se deben practicar enemas nos seguintes casos:[7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.