actriz francesa From Wikipedia, the free encyclopedia
Paulette Germaine Riva, nada en Cheniménil o 24 de febreiro de 1927 e finada en París o 27 de xaneiro de 2017, foi unha actriz francesa, coñecida como Emmanuelle Riva (|ɛmanɥɛl ʁiva|). É coñecida especialmente polas súas interpretacións nos filmes Hiroshima mon amour (1959) e Amour (2012).
(1962) | |
Nome orixinal | (fr) Paulette Riva |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (fr) Paulette Germaine Riva 24 de febreiro de 1927 Cheniménil (Francia) |
Morte | 27 de xaneiro de 2017 (89 anos) 16º distrito de París (Francia) |
Causa da morte | cancro |
Lugar de sepultura | Cimetière de Charonne (en) , 4 Grave of Riva (en) |
Altura | 1,66 m |
Actividade | |
Campo de traballo | Poesía, teatro e filme |
Ocupación | actriz, actriz de teatro, actriz de cinema, poetisa, fotógrafa, escritora |
Período de actividade | 1952 - 2017 |
Membro de | |
Pseudónimo literario | Emmanuelle Riva |
Familia | |
Cónxuxe | sen valor |
Cronoloxía | |
Funeral (Saint-Germain de Charonne (en) ) | |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
Riva foi candidata ao premio da BAFTA polo seu papel en Hiroshima mon amour, e gañou a Copa Volpi do Festival de Venecia por Thérèse Desqueyroux (1962). Pola súa interpretación en Amour, de Michael Haneke, gañou o BAFTA e o César e foi candidata ao Oscar á mellor actriz.
Riva naceu en 1927 en Cheniménil, Francia,[1] filla de Jeanne Fernande (de solteira Nourdin), unha costureira, e René Alfred Riva, pintor de carteis italiano.[2]
Creceu en Remiremont e Riva amosou unha paixón temperá pola interpretación, actuando en obras de teatros locais, aínda que traballou durante varios anos como costureira. Tras ver un anuncio nun xornal local, Riva apuntouse a unha escola de interpretación de París.[3]
Aos vinte e seis anos mudouse a París para tratar de seguir unha carreira como actriz, a pesar das obxeccións da súa familia.[2][4] En 1954, debutou no teatro parisiense cunha produción de Arms and the Man, de George Bernard Shaw.[3] En 1957, Riva apareceu por primeira vez na televisión na serie Énigmes de l'histoire.[5]
Riva tivo un dos papeis principais de Hiroshima mon amour (1959), filme dirixido de Alain Resnais e escrito por Marguerite Duras, en que interpretou unha actriz francesa que tiña un idilio cun arquitecto xaponés (Eiji Okada) en Hiroshima.[3] A súa actuación valeulle varios premios e candidaturas.[5] Máis tarde apareceu en Kapò, de Gillo Pontecorvo (1960), Léon Morin, prêtre, de Jean-Pierre Melville (1961) e Thérèse Desqueyroux, de Georges Franju (1962). Tamén apareceu en Trois couleurs: Bleu, de Krzysztof Kieślowski (1993), Vénus Beauté (Institut), de Tonie Marshall (1999) e Le Skylab, de Julie Delpy (2011).[3][4]
Riva protagonizou o éxito de crítica Amour (2012), de Michael Haneke, con Jean-Louis Trintignant, en que interpretaba unha profesora de música anciá que é coidada polo seu marido tras unha serie de infartos debilitantes. Riva gañou o BAFTA e foi candidata ao Oscar á mellor actriz. Viaxou á cerimonia dos Oscar, que tiña lugar no seu 86º aniversario, pero perdeu contra Jennifer Lawrence.[4] Con 85 anos converteuse na actriz protagonista de máis idade candidata ao Oscar, e a segunda intérprete de máis idade, tras Gloria Stuart, que foi candidata con 87 anos.[6]
Riva tivo unha extensa carreira teatral en París. En 2001 actuou en Medea no Festival d'Avignon. Tamén apareceu ocasionalmente na televisión francesa. Riva volveu aos escenarios parisienses en febreiro de 2014, coprotagonizando con Anne Consigny a obra de Marguerite Duras Savannah Bay no Théâtre de l'Atelier.[7]
Mentres filmaba Hiroshima mon amour, Riva fotografou Hiroshima; medio século despois expuxéronse estas fotografías no Nikon Salon e foron editadas en forma de libro en Francia e o Xapón.[8]
Riva tamén publicou poesía.[9]
Riva faleceu de cancro o 27 de xaneiro de 2017 en París, catro semanas antes do seu noventa aniversario. O 4 de febreiro de 2017 tivo lugar un servizo na súa memoria na igrexa de Saint-Germain de Charonne no 20.º arrondissement de París; foi enterrada no cemiterio de Charonne.[10][11]
Riva nunca casou nin tivo fillos.[4] Tivo unha parella, que faleceu en 1999.[3] Riva era a propietaria dun apartamento nun cuarto andar no Barrio Latino de París, en que viviu durante máis de medio século.[2]
Ano | Título | Director | Notas |
---|---|---|---|
1959 | Hiroshima mon amour | Alain Resnais | Candidata—BAFTA á mellor actriz estranxeira |
1959 | Kapò | Gillo Pontecorvo | |
1960 | Le huitième jour | Marcel Hanoun | |
Adua e le compagne | Antonio Pietrangeli | ||
Recours en grâce | Laslo Benedek | ||
1961 | Léon Morin, prêtre | Jean-Pierre Melville | |
1962 | Thérèse Desqueyroux | Georges Franju | Copa Volpi á mellor actriz |
Climats | Stellio Lorenzi | ||
1963 | Le ore dell'amore | Luciano Salce | |
Le gros coup | Jean Valère | ||
1965 | Thomas l'imposteur | Georges Franju | |
1967 | Les risques du métier | André Cayatte | |
1973 | J'irai comme un cheval fou | Fernando Arrabal | |
1982 | Gli occhi, la bocca | Marco Bellocchio | |
1993 | Trois couleurs: Bleu | Krzysztof Kieślowski | |
1999 | Vénus Beauté (Institut) | Tonie Marshall | |
2001 | Médée | Don Kent | |
2009 | Un Homme et Son Chien | Francis Huster | |
2011 | Le Skylab | Julie Delpy | |
2012 | Amour | Michael Haneke | BAFTA á mellor actriz protagonista Boston Society of Film Critics Award á mellor actriz César á mellor actriz Dublin Film Critics Circle Award á mellor actriz Premio do Cinema Europeo á mellor actriz International Cinephile Society Award á mellor actriz London Film Critics Circle Award á mellor actriz do ano Los Angeles Film Critics Association Award á mellor actriz Premios Lumières á mellor actriz] National Society of Film Critics Award á mellor actriz Premio New York Film Critics Online á mellor actriz Premio Cinema Ludus á mellor actriz europea San Francisco Film Critics Circle Award á mellor actriz Candidata—Oscar á mellor actriz Candidata—AACTA International Award á mellor actriz Candidata—Premio da Alliance of Women Film Journalists á mellor actriz Candidata—Broadcast Film Critics Association Award á mellor actriz Candidata—Chicago Film Critics Association Award á mellor actriz Candidata—Dallas-Fort Worth Film Critics Association Award á mellor actriz Candidata—Premio Dorian á mellor actriz Candidata—Houston Film Critics Society á mellor actriz Candidata—Irish Film & Television Awards á mellor actriz internacional Candidata—Online Film Critics Society Award á mellor actriz Candidata—Premio do New York Film Critics Circle á mellor actriz Candidata—Satellite Award á mellor actriz - Drama Candidata—Toronto Film Critics Association Award á mellor actriz Candidata—Washington D.C. Area Film Critics Association Award á mellor actriz |
2016 | Marie et les naufragés | Sébastien Betbeder | |
2016 | Paris pieds nus | Dominique Abel e Fiona Gordon | |
2017 | La Sainte Famille | Marion Sarraut |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.