Remove ads
escritor e autor teatral español From Wikipedia, the free encyclopedia
Fernando Arrabal, nado en Melilla o 11 de agosto de 1932, é un escritor e autor teatral español ligado a Francia.
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde xaneiro de 2022) |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2022.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Fernando Arrabal Terán 11 de agosto de 1932 (92 anos) Melilla (Segunda República Española) |
Residencia | París |
Educación | Universidade de Barcelona |
Actividade | |
Ocupación | guionista, poeta, novelista, escritor, dramaturgo, director de cinema, actor, pintor |
Período de actividade | 1952 - |
Empregador | L'Express (en) |
Membro de | |
Xénero artístico | Dramaturxia |
Participou en | |
24 de xuño de 1977 | Documenta 6 |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en |
|
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Sitio web | arrabal.org |
|
De neno sufriu a misteriosa desaparición do seu pai, condenado a morte e despois fuxido. A causa deste trauma, como escribiu Vicente Aleixandre, o coñecemento que achega Arrabal está tinguido dunha luz moral que está na materia mesma da súa arte. Aprendeu a ler e escribir en Ciudad Rodrigo (Salamanca). Ós dez anos recibiu o premio nacional de “superdotados”, e fixo os seus estudos universitarios en Madrid. Vive en Francia desde 1955. Con Alejandro Jodorowsky e Roland Topor fundou en 1963 o Grupo Pánico. É Trascendent Satrape (Pataphysique) do College de Pataphysique desde 1990.
Ten dirixido sete longametraxes, publicou catorce novelas, libros de poesías, varios ensaios e a súa famosa Carta al general Franco en vida do ditador. O seu teatro completo, editado en diferentes linguas, foi publicado en dous volumes de máis de dúas mil páxinas na Colección Clásicos de Espasa.
Malia ser un dos escritores máis controvertidos do seu tempo,[Cómpre referencia] recibiu o aplauso internacional pola súa obra (Gran Premio de teatro da Academia Francesa, o Premio Nabokov de novela, o Espasa de Ensaio, o World Theater etc.) O Colexio de Patafísica distinguiuno co título de "Trascendente Sátrapa" (equivalente do Nobel para este Colexio). Foi finalista do Premio Cervantes 2001 co apoio de Camilo José Cela. O 14 de xullo de 2005 concedéronlle a Légion d`honneur.
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Coas súas novelas gañou o Premio Nadal e o Nabokov Internacional.
Varios libros, algúns ilustrados por Pablo Picasso, Salvador Dalí, René Magritte etc., entre os que destacan:
Unha centena de obras de teatro publicadas en dezanove volumes:
Unha das súas obras dramáticas máis importantes é El arquitecto y el emperador de Asiria , unha obra pánica, escrita na segunda etapa da súa vida dramática.
Fernando Arrabal realizou sete longametraxes como director:
Os libros de Fernando Arrabal non foron aínda traducidos ao galego. Porén, si que foron representadas as súas obras:
Fernando Arrabal escribe desde hai trinta anos[cando?] a crónica do xadrez de L´Express; tódolos domingos os seus arrabalescos en El Mundo; a miúdo a tercera do ABC e de cando en vez unha opinión en El País.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fernando Arrabal |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.