Talía Teatro

From Wikipedia, the free encyclopedia

Talía Teatro

Talía Teatro é unha compañía creada en 1988. Nas súas orixes era un grupo de teatro afeccionado que estaba vinculado á Asociación Cultural Domingo Antonio de Andrade, entidade organizadora da Mostra de Teatro de Cee. Nesta etapa, chegou a montar varios espectáculos entre os que destacan O rei aborrecido, de X. Pisón; e Ai, Carmela e Marsal Marsal, de J. Sanchis Sinisterra. Debido ás boas críticas e aos premios recibidos, convertéronse nunha compañía profesional en 1996.

Datos rápidos Tipo, Data de fundación ...
Talía Teatro
Thumb
na representación Merlo Branco en 2007.
Tipocompañía de teatro
Data de fundación1899
PaísEspaña
Na rede
http://taliateatro.gal/
[ editar datos en Wikidata ]
Pechar

Caracterízase por ser un grupo teatral estábel que utiliza a lingua galega na representación das obras. Alén diso, o seu repertorio conta con pezas dirixidas a diferentes tipos de público.

A súa actividade principal é a produción e exhibición de espectáculos, que os levaron a crear unha infraestrutura propia. Ademais, realizan outras actividades relacionadas co sector (creación de espectáculos temáticos, organización de obradoiros etc.).

Compoñentes

  • Artur Trillo é autor, director e actor. Leva desde 1988 como director da compañía Talía Teatro. Alén diso, ten realizado montaxes con outras compañías. Como actor foi premiado en numerosas ocasións, destacando a súa interpretación nos espectáculos de Talía Teatro Esperando a Godot, E ti, quen ves sendo?, Bicos con lingua e O Encoro, de Teatro do Atlántico.
  • Áurea Ferreiro, vinculada a Talía Teatro desde o ano 2008, leva a área de produción da compañía. Conta tamén con experiencia en xestión de espazos de exhibición teatral.
  • Daniel Trillo, empezou a súa andadura teatral con Talía Teatro no 2003 co espectáculo Eu así non xogo. Desde entón participou en doce montaxes da compañía e ocupouse de diferentes facetas creativas como a iluminación e a escenografía. A súa vez, exerceu de xefe técnico da compañía. Ademais de amosar interese polos elementos que compoñen un espectáculo, tamén actuou nalgunhas representacións. Realizou numerosos traballos de deseño de iluminación e escenografía e no ano 2016 recibiu o premio María Casares ao mellor deseño de escenografía do espectáculo Foucellas.
  • Martina Cambeiro, forma parte do equipo estábel de Talía Teatro desde a súa creación e realizou o deseño de vestiario e maquillaxe de case todas as súas producións, recibindo numerosos nomeamentos. Ademais opera como técnica de iluminación e son en diferentes espectáculos.
  • Toño Casais, leva desde 1993 vinculado a Talía, aínda que tamén ten realizado montaxes con outras compañías como Teatro do Atlántico ou o Centro Dramático Galego. Ten recibido diversos recoñecementos pola súa interpretación como protagonista nos espectáculos Palabras encadeadas e Esperando a Godot e como actor secundario no espectáculo O Encoro, de Teatro do Atlántico.
  • María Ordóñez, comezou a súa andadura teatral con Talía Teatro co espectáculo Eu así non xogo, no 2003. Desde entón, participou en nove montaxes da compañía. Cabe salientar a súa interpretación en Palabras encadeadas, O método Grönholm e Pelos na lingua. Por esta última, ten recibido diversos premios como actriz protagonista.
  • Marta Lado, é licenciada en Arte Dramático pola ESAD. Conta cunha importante bagaxe tanto a nivel teatral como audiovisual. Entre os seus traballos destaca a súa interpretación en Tartufo, do Centro Dramático Galego.
  • Diego Rey, forma parte da compañía desde o 2006 e desenvolve tarefas de actor, técnico, autor e director. A partir do 2010 comeza a orientar a súa carreira á dirección, simultaneando traballos para Talía e outras compañías, mais sen deixar a súa labor interpretativa.
  • Marta Ríos, leva vinculada a Talía Teatro desde o 2003, ano no que debutou co espectáculo Eu así non xogo. Desde entón, realizou once montaxes coa compañía. Cómpre destacar a súa interpretación en Volpone, pola que recibiu o premio Maria Casares á mellor actriz secundaria.
  • Xurxo Barcala, debutou con Talía no 2000 co espectáculo infantil Menos Lobos. A partir de aí seguiron traballos como Supermáis, Eu así non xogo e E ti, quen vés sendo?. Despois duns anos dedicado a labores pedagóxicos, volve á compañía formando parte do elenco de Os mortos daquel verán e O servidor de dous amos.

Espectáculos teatrais

Máis información Título, Autor ...
Título Autor Ano Público
O Rei aborrecidoXesús Pisón1988Adulto
Aquí non paga ninguénDarío Fo1989Adulto
O crime de Aldea VellaBernardo Santareno1990Adulto
Gaivotas subterráneasAlfonso Vallejo1991Adulto
Ai, CarmelaJosé Sanchis Sinisterra1993Adulto
T.W.C.Colectiva1994Xuvenil e adulto
Fando e LisFernando Arrabal1994Adulto
RezagadosErnesto Caballero de las Heras1995Adulto
A secreta oscenidade de cada díaMarco Antonio de la Parra1996Adulto
Pedro e o capitánMario Benedetti1996Adulto
ReténErnesto Caballero1997Adulto
Marsal MarsalJosé Sanchis Sinisterra1998Xuvenil e adulto
Soños dun seductorWoody Allen2000Xuvenil e adulto
Menos lobosArtur Trillo2000Infantil
DakotaJordi Galcerán2001Adulto
SupermáisJ. M. Benet i Jornet2001Infantil
Xustiza InfinitaCándido Pazó2002Xuvenil e adulto
Eu así non xogoArtur Trillo2003Infantil
Bicos con linguaVV. AA.2003Xuvenil e adulto
Molière FinalRoberto Salgueiro2004Adulto
A paz do CrepúsculoItziar Pascual2004Adulto
Mundos contadosPaula Carballeira2005Infantil
Esperando a GodotSamuel Beckett2006Adulto
O merlo brancoCándido Pazó2006Infantil
Quero ser grandeVV. AA.2007Xuvenil e adulto
E ti, quen vés sendo?Cándido Pazó2008Adulto
Valentino Rufini e Akil Pillabán de viaxe a Milán e van sen un canRoberto Salgueiro2008Infantil
Palabras encadeadasJordi Galcerán2009Adulto
VolponeBen Jonson2010Adulto
Carta urxente para Máximo ToxoDiego Rey2010Infantil
Pelos na linguaVV. AA.2011Xuvenil e adulto
PequenaPaula Carballeira2012Infantil
O método GrönholmJordi Galcerán2012Xuvenil e adulto
Xango, a moi extraordinaria historia do home que foi engulido por unha máquinaDiego Rey2013Infantil
Sopa de sapoArtur Trillo2014Infantil
DemoliciónCándido Pazó2014Xuvenil e adulto
Rosa Caramelo e outras historiasAdela Turín2015Infantil
Foucellas [1]Cándido Pazó2016Adulto
Ubú Rei [2]Alfred Jarry2017Adulto
Os mortos daquel veránCarlos Casares2017Adulto
Pechar

Tendo en conta o público albo, podemos afirmar, segundo esta táboa, que o 50% das obras son para adultos, o 22.5% para adultos e adolescentes e o 27.5% restante están dirixidas ao sector infantil.

Por outra banda, as obras de autoría galega son maioritarias (41%), seguidas das de autoría española que se corresponden co 27%. As adaptacións de pezas estranxeiras conforman o 22% da totalidade e, para rematar, aquelas realizadas por varios autores representan o 10% restante. Ademais, só o 7.5% das obras son de autoría feminina, fronte o 92.5% que son de autores varóns.

Premios

  • 2004 Mellor actor protagonista. María Casares: Artur Trillo por Bicos con lingua
  • 2004 Mellor texto orixinal. María Casares: Bicos con lingua
  • 2007 Mellor actor. Premio FETEGA: Toño Casais por Esperando a Godot
  • 2008 Mellor actor secundario. María Casares: Artur Trillo por E ti, quen vés sendo?
  • 2010 Mellor dirección. María Casares: Artur Trillo por Palabras encadeadas
  • 2010 Mellor actor protagonista. María Casares: Toño Casais por Palabras encadeadas
  • 2011 Mellor actriz. Premio FETEGA: María Ordóñez por Pelos na lingua
  • 2011 Premio Nordés das Artes
  • 2011 Mellor actriz secundaria. María Casares: Marta Ríos por Volpone
  • 2012 Mellor texto teatral en galego. María Casares: Avelino González, María Ordóñez, Artur Trillo e Séchu Sende por Pelos na lingua
  • 2012 Mellor texto teatral en galego. Premio Max: Avelino González, María Ordóñez, Artur Trillo e Séchu Sende por Pelos na lingua
  • 2016 Mellor escenografía. María Casares: Dani Trillo por Foucellas

Notas

Véxase tamén

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.