Alfred Jarry

escritor francés From Wikipedia, the free encyclopedia

Alfred Jarry

Alfred Henri Jarry,[1] nado o 8 de setembro de 1873 en Laval, Mayenne e finado o 1 de novembro de 1907 en París,[1] foi un dramaturgo, novelista e poeta francés, coñecido polas súas hilarantes obras de teatro e o seu estilo de vida disoluto e excéntrico.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Alfred Jarry
Thumb
Biografía
Nacemento8 de setembro de 1873
Laval, Francia
Morte1 de novembro de 1907 (34 anos)
París, Francia
Causa da mortetuberculose
Lugar de sepulturacemiterio de Bagneux
EducaciónLycée Henri-IV
Actividade
Campo de traballoArtes escénicas
Ocupacióndramaturgo, gravador, crítico, escritor, poeta, novelista, artista visual
Pseudónimo literarioDocteur Faustroll
Père Ubu
Alain Jans
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Premios
Sinatura Thumb

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Жарри Альфред)
UbuWeb
Obálky knih,
Pechar

Traxectoria

Naceu en Laval, fillo de Anselme Jarry, un acomodado negociante de cadros, e Caroline Quernest. Despois do fracaso comercial da empresa do seu pai, a súa nai márchase a vivir cos seus dous fillos a Saint-Brieuc e logo a Rennes, na Bretaña, onde Alfred Jarry cursa os seus estudos secundarios. Recibe unha esmerada educación. En outubro de 1891 chega a París para estudar no Instituto Henri IV onde será alumno de Henri Bergson xunto co poeta Léon-Paul Fargue; tralo bacharelato presentouse en tres ocasións ao concurso de acceso á École Normale Supérieure, pero non ingresou. Ingresou entón na Sorbonne para cursar estudos de literatura pero non logrou licenciarse. Obtivo pronto o éxito literario cos seus poemas en verso e a súa prosa orixinal. Aos vinte anos publicou a súa primeira obra. Pouco despois morreu a súa nai; e aos dous anos, o seu pai, quen lle deixou unha boa herdanza, o cal, sumado ao éxito cedo das súas obras, permitiulle levar unha existencia despreocupada durante boa parte da súa vida.

Coñece a Marcel Schwob, Alfred Vallette (director do Mercure de France) e a súa muller Rachilde. Na casa da parella, dá en 1894 a primeira representación de Ubú Rei. Redacta artigos para o Mercure de France e a La Revue Blanche, onde colaboraban os escritores e artistas máis prestixiosos da época.

De 1894 a 1895, dirixe con Remy de Gourmont a luxosa revista artística Ymagier. Contrariado con de Gourmont, decide fundar a súa propia revista de estampas, Perhindérion, da que se publicarán só dous números. En 1896 empeza a traballar para o director Aurélien Lugné-Poë que lle confía a programación da tempada do Théâtre de l'Œuvre, en París, onde ten lugar a estrea de Ubú Rei o 10 de decembro de 1896.

A obra é parte dun ciclo de varias obras, cuxa primeira versión escribiu aos 15 anos inspirándose nun dos seus profesores do instituto de Rennes, que segundo Jarry encarnaba "todo o grotesco que poida haber no mundo". Logo das primeiras funcións no Théâtre de l'Œuvre, a obra representouse no teatro de marionetas Théâtre des Pantins, en París, con marionetas creadas polo seu amigo o pintor Pierre Bonnard.

Notas

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.