From Wikipedia, the free encyclopedia
O emú (Dromaius novaehollandiae)[5] é segunda ave de maior tamaño existente, despois da avestruz. É endémica de Australia, onde é a meirande ave nativa e o único membro existente do xénero Dromaius. A área de distribución do emú abrangue case toda Australia, mais as subespecies de Tasmania e da illa King extinguíronse despois da colonización europea do continente en 1788. Esta ave é común de abondo para ser clasificada como pouco preocupante pola International Union for Conservation of Nature.
Emú Rango fósil: Mioceno – presente[1] | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Emú. | |||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Pouco preocupante[2] | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
'Dromaius novaehollandiae' | |||||||||||||||||||
O emú habita nas áreas de cor. | |||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
Lista
|
Son aves non voadoras de plumaxe densa e sedosa de cor marrón e longas patas e pescozo que poden chegar ós 1,9 m de altura. Poden percorrer grandes distancias, e cando é preciso poden acadar os 50 km/h. Aliméntanse dunha gran variedade de plantas e insectos, e sábese que poden pasar semanas sen comer. Beben de xeito infrecuente, pero toman grandes cantidades de auga cando se presenta a oportunidade.
A época de cría é entre maio e xuño, e a loita entre as femias por un macho é frecuente. As femias poden reproducirse e criar varias niñadas de ovos nunha tempada. O macho encárgase da incubación e durante o proceso apenas come e bebe, polo que perde unha cantidade significativa de peso. Os ovos eclosionan despois de oito semanas e as crías son alimentadas polos pais. Acadan o tamaño adulto despois de seis meses, pero poden manterse como familia até a seguinte tempada de cría. O emú é unha importante icona cultural de Australia, estando presente no escudo de Australia e en varias moedas. É un elemento importante da mitoloxía dos aborixes australianos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.