Dromaius é un xénero de aves estrutioniformes da familia Dromaiidae. Son aves grandes, non voadoras (ratites). O seu hábitat natural atópase no continente de Oceanía; na actualidade só sobrevive unha especie, o emú, que é a segunda ave de maior tamaño do mundo, após a avestruz.
Dromaius | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||
|
Características
A súa plumaxe é de cor cinsenta apardada, cunha distintiva gorxa de cor azul pálida. Son aves omnívoras que se alimentan de insectos e de sementes. Foron moi comúns, porén durante o século pasado se decimaron as súas poboacións, xa que o home europeo, ao colonizar este continente, descubriu que esta ave era incompatíbel coa agricultura que pretendía desenvolver. Unha curiosidade que ten esta ave é que os seus ovos, a diferenza doutras aves, son dunha cor verde escura.
Taxonomía
Estas aves foron clasificadas dentro dunha familia propia, Dromaiidae e posteriormente foron incluídas, xunto cos casuarios, dentro da familia Casuaridae.[1] Agora tornan a se clasificaren na familia Dromaiidae.[2]
Unicamente sobrevive unha especie, Dromaius novaehollandiae que á súa vez ten tres subespecies viventes e unha extinta: o emú de Tasmania. As outras dúas especies de emú extintas son o emú da Illa King (Dromaius ater), extinta en 1822, e o emú da Illa Kangaroo (Dromaius baudinianus) extinta en 1920.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.