ave corredora da familia dos estruciónidos, a máis grande do planeta From Wikipedia, the free encyclopedia
A avestruz (Struthio camelus) é unha ave corredora da familia dos estruciónidos, e está considerada a ave máis grande do planeta. Presenta unha cabeza pequena e pelada, cos ollos grandes e o bico ancho e aplanado de forma triangular. Ten as patas moi longas, e é a única ave con dous dedos en cada pé. Pode chegar a medir até dous metros e medio de altura e non dá voado.
Avestruz Rango fósil: Plistoceno ata Actualidade | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macho (esquerda) e femia | |||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
'Struthio camelus' Linnaeus, 1758 | |||||||||||||||||||
Distribución de Struthio camelus
Amarelo S. c. molybdophanes Verde S. c. massaicus Vermello S. c. australis | |||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||
S. c. australis Gurney, 1868 |
É orixinaria de África, vive nas chairas abertas, formando grupos nas sabanas e nos desertos, onde a súa altura lle permite avistar os posíbeis depredadores que a poidan atacar. Pode coller velocidades de máis de 70 quilómetros por hora e se se atopa apresada ataca coas patas e usa as poutas, como paxaro que é, como arma de defensa.
Aniña no chan e os seus ovos son os de maior volume de tódalas aves, poden medir vinte centímetros de longo. Cada femia pon até doce ovos e varias no mesmo niño. Cando os ovos se abren, o macho faise cargo das crías, podendo reunir crías de diferentes femias. No seu medio natural aliméntanse sobre todo de sementes e de froitas, mais domesticadas comen practicamente de todo
Tamén hai outras grandes aves que nas anteriores clasificacións eran incluídas entre as corredoras fóra do continente africano: o ñandú é a maior de América do Sur; o casuario e o emú, os maiores de Australasia. No Madagascar extinguiuse en 1700 a ave elefante ou dinornis, algo máis baixa que unha moa, tamén extinta, pero máis pesada.
Etimoloxicamente falando a palabra avestruz vén do occitano provenzal strutz que pola súa banda deriva do latín struthĭo e esta do grego στρουθíων, abreviación de στρουθκαμελος, palabra composta por στρουθιο (struthio=gorrión ou pardal) e καμελος (kamelos=camelo), pardal (grande coma un) camelo.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.