teórico literario e profesor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Elias José Torres Feijó, nado en Tui o 25 de xaneiro de 1964,[1] é un filólogo galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de xaneiro de 1964 (60 anos) Tui, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Director de tese | José Luís Rodríguez Fernández |
Actividade | |
Ocupación | catedrático, teórico literario |
Empregador | Universidade de Santiago de Compostela |
Obra | |
Doutorando | Roberto López-Iglésias Samartim |
En 1995 doutorouse pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese A Galiza em Portugal, Portugal na Galiza a través das revistas literarias: (1900-1936), dirixida por José Luís Rodríguez Fernández. É profesor titular de Filoloxía Galega e Portuguesa nesa mesma universidade, onde dirixe o grupo de investigación GALABRA[2],que trata dos sistemas culturais galego, luso, brasileiro e africano de lingua portuguesa.
No período 1989-1993 foi vicepresidente da Mesa pola Normalización Lingüística[3], vicerreitor da USC (2006-2009)[4] e desde 2008 preside a Associação Internacional de Lusitanistas[5]. En 2020 foi elixido decano da Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela. É un dos fundadores do Movemento Internacional Sociocultural e Educativo nos Tempos Libres Altair sendo na actualidade coordinador pedagóxico da asociación Altair Galiza e director da súa escola ETL Altair Galiza.[6]
Participou nas seguintes obras colectivas[7]:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.