From Wikipedia, the free encyclopedia
As eleccións ao Parlamento de Galicia de 1985 celebráronse o 24 de novembro. Cun censo de 2 226 449 electores, os votantes foron 1 277 897 (57,4%) e 948.552 as abstencións (41,9%). Contabilizáronse 8.627 (0,7%) votos en branco. Coalición Popular gañou por maioría relativa, e conseguiu manter de presidente da Xunta de Galicia a Xerardo Fernández Albor grazas á abstención de Coalición Galega, o que provocaría unha escisión de 5 deputados neste partido encabezados por Pablo González Mariñas que pasaron ao Grupo Mixto. En setembro de 1986 ese grupo de deputados crean o Partido Nacionalista Galego. Tamén ese ano, o PDP, e en 1987 o PL, abandonan CP pero permanecen no Grupo Popular.
Eleccións ao Parlamento de Galicia de 1985 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
← 1981 1989 → | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Data | 24 de decembro de 1985 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Tipo | Eleccións ao Parlamento de Galicia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Cargo elixido | 71 deputado do Parlamento de Galicia ≈ II Lexislatura do Parlamento de Galicia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participación política | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Resultado da votación | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Investidura presidencial de Galicia de 1985 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Substitúe: | Persoa elixida: | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Xerardo Fernández Albor | Xerardo Fernández Albor |
En outubro de 1986 Xosé Luís Barreiro é destituído como Vicepresidente da Xunta e expulsado de AP, formando xunto con outros 4 deputados desta o seu propio grupo político, Unión Democrática Galega (UDG), que en xuño de 1987 se integrou en Coalición Galega. En xullo dese ano un deputado de CG dimite e o seu substituto inscríbese no Grupo Popular.
Como resultado deste cambio de correlación de forzas, en novembro de 1987 aprobouse unha moción de censura que permitiu a investidura como presidente da Xunta a Fernando González Laxe (PSdeG-PSOE), co apoio de PSdG, CG-UDG, PNG e PSG-EG, co voto en contra de AP e a abstención do BNG.
En 1988 o PNG e o Partido Galeguista Nacionalista fusiónanse para formar o Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista (PNG-PG), e en febreiro dese mesmo ano o líder do PDP Alejandrino Fernández Barreiro pásase do Grupo Popular ao de Coalición Galega. Finalmente, entre 1988 e 1989, dous deputados do PSdG e dous do PNG-PG pásanse ao Grupo Mixto.
Presidente e goberno | Partido | Candidato | Votos | % | Escanos | +/- | |
---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Coalición Popular de Galicia (AP-PDP-PL) a | Gerardo Fernández Albor | 516.218 | 40,4 | 34b | +8 | |
Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE (PSG-PSOE) | Fernando González Laxe | 361.948 | 28,3 | 22 | +6 | ||
Coalición Galega (CG) | Pablo González Mariñas | 165.425 | 12,8 | 11 | +11 | ||
Partido Socialista Galego-Esquerda Galega (PSG-EG) | Camilo Nogueira | 71.599 | 5,75 | 3 | +2 c | ||
Bloque Nacionalista Galego (BNG) | Xosé Manuel Beiras | 53.972 | 4,23 | 1 | -2 | ||
Centro Democrático y Social (CDS) | 41.411 | 3,30 | 0 | ||||
Partido Comunista de Galicia (PCG-PCE) | 10.625 | 0,85 | 0 | -1 | |||
Partido Socialista dos Traballadores (PST) | 9.689 | 0,77 | 0 | ||||
Partido Comunista de Galicia (Marxista-Revolucionario) (PCG (m-r)) | 8.318 | 0,66 | 0 | ||||
Plataforma Humanista (PH) | 7.280 | 0,58 | 0 | ||||
Partido Galego do Campo (PGC) | 3.172 | 0,25 | 0 | ||||
Falange Española de las JONS (FE JONS) | 2.922 | 0,23 | 0 | ||||
Partido Comunista de España (m-l) (PCE (m-l)) | 1.554 | 0,12 | 0 | ||||
Unidade Socialista Galega (USG) | 1.379 | 0,11 | 0 | ||||
Movemento Comunista de Galicia (MCG) | 1.327 | 0,11 | 0 | ||||
Unión de Centro Democrático (UCD) | N/A | N/A | 0 | -24 | |||
En branco | 8.627 | 0,70 | N/A | N/A | |||
Nulos | N/A | N/A |
a Máis Centristas de Galicia.
b Deles 20 de AP, 7 do PDP, 4 do PL, 2 de CdG e 1 independente.
c Respecto al PSG y EG por separado en 1981.
En xaneiro de 1986, Albor postulouse para a presidencia da Xunta, mais perdeu nas dúas primeiras votacións, con todas as forzas políticas, agás CP, votando na súa contra. Finalmente, ao mes seguinte, CG anunciou a súa decisión de absterse, o que lle permitiu a Albor ser elixido para un segundo mandato o 22 de febreiro, con 34 votos a prol, 26 en contra e 11 abstencións, na segunda volta da nova votación.
Candidato | Data | Voto | Total | |||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xerardo Fernández Albor (CP) |
16 de xaneiro de 1986 Maioría requirida: Absoluta (36/71) |
Si | 34 | 34 / 71 | ||||
Non | 22 | 11 | 3 | 1 | 37 / 71 | |||
Abstención | 0 / 71 | |||||||
17 de xaneiro de 1986 Maioría requirida: Simple |
Si | 34 | 34 / 71 | |||||
Non | 22 | 11 | 3 | 1 | 37 / 71 | |||
Abstención | 0 / 71 | |||||||
Xerardo Fernández Albor (CP) |
20 de febreiro de 1986 Maioría requirida: Absoluta (36/71) |
Si | 33 | 33 / 71 | ||||
Non | 22 | 3 | 1 | 26 / 71 | ||||
Abstención | 10 | 10 / 71 | ||||||
21 de febreiro de 1986 Maioría requirida: Simple |
Si | 34 | 34 / 71 | |||||
Non | 22 | 3 | 1 | 26 / 71 | ||||
Abstención | 11 | 11 / 71 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.