político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Manuel Couce Pereiro, nado en Ferrol o 9 de xaneiro de 1935, é un político galego do PSdeG-PSOE.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de xaneiro de 1935 (89 anos) Ferrol, España |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
16 de xuño de 1993 – 9 de xaneiro de 1996 Lexislatura: V lexislatura de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña Electo en: Eleccións Xerais 1993 en España | |
Alcalde de Ferrol | |
1991 – 1995 – Juan Blanco → | |
Alcalde de Ferrol | |
1989 – 1991 ← Alfonso Couce Doce | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de |
Traballador do estaleiro de Bazán, foi delegado sindical, secretario do comité de empresa e secretario comarcal da UGT na comarca de Ferrol. Militante do PSdeG-PSOE, nas eleccións galegas de 1981 foi elixido deputado do Parlamento de Galicia e volveu ser elixido nas de 1985. Concelleiro en Ferrol, foi elixido alcalde en 1989 logo dunha moción de censura contra o seu curmán, o alcalde de AP Alfonso Couce Doce, cos votos do seu propio partido xunto cos de EU-IU e un tránsfuga de AP . Logo das municipais de 1991, nas que foi elixido alcalde de Ferrol Mario Villaamil, unha nova moción de censura converteuno de novo en alcalde ata 1995. Nas xerais de 1993 foi elixido deputado pola provincia da Coruña no Congreso. En 1996 abandonou a actividade política.
Predecesor: Alfonso Couce Doce |
alcalde de Ferrol 1989 - 1991 |
Sucesor: Mario Villaamil |
Predecesor: Mario Villaamil |
alcalde de Ferrol 1991 - 1995 |
Sucesor: Juan Blanco |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.