Juan Manuel Corral Pérez, nado no Carballiño o 13 de novembro de 1937, é un avogado e político galego, do PPdeG.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de novembro de 1937 (87 anos) O Carballiño, España |
Actividade | |
Ocupación | avogado, político |
Traxectoria
Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e despois continuou os estudos de Filosofía e Letras na Universidade Complutense de Madrid. Comezou a traballar como avogado na administración franquista, ao mesmo tempo que iniciaba a súa traxectoria política ao ser designado concelleiro e tenente de alcalde en Vigo entre 1967 e 1973. En 1977 é nomeado director xeral técnico do goberno civil de Pontevedra.
En 1979 entrou a traballar na planta de Citroën en Vigo como técnico de relacións laborais, para despois pasar a traballar para a delegación da CEOE en Galicia, onde estivo de 1980 a 1982.
Xa como membro de Alianza Popular, exerceu como conselleiro de Traballo, Seguridade Social e Emigración durante a primeira lexislatura autonómica, baixo a presidencia de Xerardo Fernández Albor. Nos seguintes comicios, as eleccións de 1985 foi escollido deputado no Parlamento galego, cargo onde permaneceu ata 1989.
En 1996 foi designado polo goberno de Manuel Fraga presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, cargo que mantivo ata que en 1999 encabezou a candidatura popular á alcaldía da cidade nas eleccións de 1999. Saíu elixido concelleiro, pero non alcalde, e continuou como voceiro municipal dous anos, ata que foi substituído por Corina Porro. Ao deixar o concello vigués foi designado senador en representación da comunidade autónoma, no ano 2000 e abandonou a Cámara Alta en 2004.
Predecesor: non existe |
Conselleiro de Traballo, Seguridade Social e Emigración 1982 - 1986 |
Sucesor: Luciano Asorey |
Predecesor: Elena Espinosa |
Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo 1996 – 1999 |
Sucesor: Julio Pedrosa |
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.