From Wikipedia, the free encyclopedia
As eleccións xerais de España de 1910 foron convocadas o 8 de maio, trala crise do goberno conservador de Antonio Maura por mor da Semana Tráxica de Barcelona en 1909, baixo sufraxio universal masculino. En total foron elixidos 404 deputados, e o partido máis votado foi o Partido Liberal, dirixido por José Canalejas. O Partido Conservador quedou moi debilitado, e en Navarra presentouse en coalición con carlistas e integristas. Tamén se presentou unha Conxunción Republicano-Socialista, dirixida polo escritor canario Benito Pérez Galdós, que reuniu na coalición diversos grupos republicanos, o Partido Socialista Obrero Español, o Partido Republicano Radical e o Partido Republicano Democrático Federal. A Unión Federal Nacionalista Republicana, unha vez rota a Solidariedade Catalá presentouse en solitario e por primeira vez rompeu a hexemonía da Lliga Regionalista en Cataluña.
Eleccións xerais de España de 1910 | |
---|---|
← 1907 1914 → | |
Data | 8 de maio de 1910 |
Tipo | Eleccións xerais en España |
Cargo elixido | Deputado das Cortes |
Resultado da votación | |
Foi elixido Presidente do Congreso o liberal conde de Romanones, que foi substituído en 1912 por Segismundo Moret; á súa morte en 1913 accedeu á Presidencia Miguel Villanueva. O Presidente do Senado foi Eugenio Montero Ríos.
O xefe de goberno foi José Canalejas, que foi asasinado o 12 de novembro de 1912. Substituíuno entón o conde de Romanones que dimitiu o 27 de outubro de 1913 debido á división interna do partido de Manuel García Prieto, fundador do Partido Liberal Demócrata. Ao mesmo tempo, tamén houbo división no Partido Conservador cando Antonio Maura e Juan de la Cierva Peñafiel non aceptaron o liderado de Eduardo Dato. Máis tarde crebou tamén a Conxunción Republicano-Socialista, a pesar do relativo éxito obtido.
Partido | Porcentaxe | Escanos | Líder | |||
Partido Liberal | 43,4 % | 215 | José Canalejas | |||
Partido Conservador | 21,9 % | 115 | Antonio Maura | |||
Conjunción Republicano-Socialista | 10,3 % | 27 | Benito Pérez Galdós | |||
Unión Federal Nacionalista Republicana (UFNR) | 5,3 % | 11 | Josep Maria Vallès | |||
Lliga Regionalista | 2,7 % | 10 | Enric Prat da Riba | |||
Comunión Tradicionalista (xaimista) | 2,2 % | 10 | Juan Vázquez de Mella | |||
Católicos independentes | 3 | Joaquín de Arteaga | ||||
Partido Integrista | 2 | Manuel Senante y Martínez | ||||
Partido de Unión Republicana Autonomista (PURA) | 1 | Félix Azzati | ||||
Nacionalistas republicanos cataláns | 1 | Francesc Macià | ||||
Independentes | 5 | |||||
Partido Socialista Obreiro Español | 1 | Pablo Iglesias Posse | ||||
Outros | 2 | |||||
Total | 403 | |||||
Os deputados que obtiveron un escano no Congreso polos distritos galegos nestas eleccións foron:[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.