Remove ads
político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Eduardo Vincenti Reguera, nado na Coruña o 13 de outubro de 1857 e finado en Madrid o 4 de abril de 1924, foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de outubro de 1855 A Coruña, España |
Morte | 4 de abril de 1924 (68 anos) Madrid, España |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Santo Amaro de Pontevedra |
Alcalde de Madrid | |
28 de xuño de 1905 – 15 de xuño de 1906 ← Gonzalo Figueroa y Torres – Alberto Aguilera → | |
Alcalde de Madrid | |
19 de xuño de 1903 – 2 de novembro de 1913 ← Joaquín Ruíz Giménez – Luis Marichalar y Monreal (pt) → | |
Deputado das Cortes | |
1886 – 1889 | |
Concelleiro de Madrid | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | xornalista, político, telegrafista |
Partido político | Partido Liberal Fusionista |
Membro de | |
Familia | |
Parentes | Eugenio Montero Ríos, sogro Manuel García Prieto, concuñado Benito Calderón Ozores, concuñado |
Descrito pola fonte | Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Vincenti y Reguera (Eduardo), p.482) |
Realizou os estudos de dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Deuse a coñecer no periódico El Eco de Tambo e desenvolveu unha notable carreira política: militando no Partido Liberal, foi deputado por Pontevedra desde 1886 ata o seu falecemento (renovou a súa acta de deputado en quince ocasións), director xeral de Administración e Fomento do Ministerio do Interior, Director Xeral de Ensino Primario, concelleiro e alcalde de Madrid (1905-06), presidente do Consello de Instrución Pública, e vicepresidente primeiro do Consello de Ministros. En 1897 dirixiu en Madrid o Boletín de la Liga Protectora de la Educación Nacional. Colaborou na revista órgano de La Unión Ibero-Americana (1904) e en La Revista Popular (1904).
Estivo casado con Dolores Montero Villegas, filla de Eugenio Montero Ríos, de quen foi aliado político.
Como deputado por Pontevedra ocupouse a miúdo, tanto de asuntos relacionados co ensino público e co profesorado, como do desenvolvemento da agricultura e das cuestións sociais, chamando a atención sobre a necesidade de transformar a propiedade da terra rexida polo sistema foral en propiedade libre. Presentou e defendeu en 1907 unha proposición de lei sobre foros e subforos.
Tamén tivo unha grande preocupación polo desenvolvemento da educación, como puxo de manifesto nas súas intervencións parlamentarias que reuniu nun texto editado en 1916, nas intervencións realizadas desde a presidencia de diversas Asembleas nacionais e rexionais e congresos de interese pedagóxico. Foi Presidente da Liga de los Amigos de la Enseñanza e dirixiu o Boletín de la Liga Protectora de la Educación Nacional a comezos do século XX, con marcados acenos rexeneracionistas; era un dos vocais da Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas.
A súa defensa constante da necesidade de melloras corporativas e profesionais para o Maxisterio deulle credibilidade entre este sector profesional, que o honrou dedicándolle un busto e un singular pedestal nos xardíns do Parque das Palmeiras da cidade de Pontevedra.
E unha adaptación de El Quijote para nenos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.