From Wikipedia, the free encyclopedia
A elastase do neutrófilo (EC 3.4.21.37, elastase do leucocito, ELANE, ELA2, elastase 2, neutrofilo, elaszym, serina elastase, subtipo elastase do leucocito humano (HLE)) é unha serina protease da familia da quimotripsina que ten unha ampla especificidade de substrato. Esta elastase segrégana os neutrófilos durante a inflamación, e destrúe bacterias e tecidos do hóspede.[1] Tamén se localiza en trampas extracelulares de neutrófilos (NETs), pola súa alta afinidade polo ADN, unha propiedade pouco común entre as serina proteases.[2]
ELANE | |||
---|---|---|---|
Estruturas dispoñibles | |||
PDB | Buscar ortólogos: PDBe, RCSB | ||
Identificadores | |||
Nomenclatura | Outros nomes
| ||
Símbolos | ELANE (HGNC: 3309) ELANE, ELA2, GE, HLE, HNE, NE, PMN-E, SCN1 | ||
Identificadores externos | |||
Locus | Cr. 19 p13.3 | ||
Padrón de expresión de ARNm | |||
Máis información | |||
Ortólogos | |||
Especies |
| ||
Entrez |
| ||
Ensembl |
| ||
UniProt |
| ||
RefSeq (ARNm) |
| ||
RefSeq (proteína) NCBI |
| ||
Localización (UCSC) |
| ||
PubMed (Busca) |
|
Igual que outras serina proteases contén un sistema de relevo de carga composto da tríade catalítica de residuos de histidina, aspartato e serina que están dispersos pola secuencia primaria do polipéptido, pero que quedan xuntos na conformación tridimensional da proteína pregada. O xene que codifica a elastase do neutrófilo (ELANE, ELA2), consta de cinco exóns. A elastase do neutrófilo está estreitamente relacionada con outras serina proteases inmunes citotóxicas, como as grancimas e a catepsina G. Está relacionada máis distantemente coa elastase pancreática (CELA1) dixestiva.[2]
A forma de elastase que produce o neutrófilo (EC 3.4.21.37) ten 218 aminoácidos de longo, con dúas cadeas de carbohidrato ligadas á asparaxina (ver glicosilación). Está presente en gránulos azurófilos do citoplasma do neutrófilo. Parece haber dúas formas da elastase do neutrófilo, denominadas IIa e IIb.
Nos humanos a elastase do neutrófilo está codificada no xene ELANE do cromosoma 19.[3][4]
As elastases forman unha subfamilia de serina proteases que hidrolizan moitas proteínas ademais da elastina. Os humanos teñen seis xenes elastases que codifican as proteínas estruturalmente similares elastase 1, 2, 2A, 2B, 3A e 3B. A elastase do neutrófilo hidroliza proteínas dentro de lisosomas de neutrófilo especializados, chamados gránulos azurófilos, así como as proteínas da matriz extracelular despois da liberación da proteína polos neutrófilos activados. A elastase do neutrófilo pode xogar un papel en doenzas dexenerativas e inflamatorias pola súa proteólise do coláxeno IV e a elastina da matriz extracelular. Esta proteína degrada a proteína A da membrana externa (OmpA) da bacteria Escherichia coli así como os factores de virulencia de bacterias como Shigella, Salmonella e Yersinia.[5] As mutacións neste xene están asociadas coa neutropenia cíclica e a neutropenia conxénita grave. Descubríronse polo menos 95 mutacións causantes de doenzas neste xene.[6] Este xene está agrupado con outros xenes membros da familia das serina proteases, xenes da azurocidina 1 e proteinase 3, no cromosoma 19pter. Os 3 xenes exprésanse coordinadamente e os seus produtos proteicos son empaquetados xuntos en gránulos azurófilos durante a diferenciación de neutrófilos.[7]
A elastase do neutrófilo é un importante encima protease que cando se expresa de forma aberrante pode causar enfisema ou cambios enfisematosos. Isto implica a degradación da estrutura pulmonar e un incremnto dos espazos aéreos no pulmón. As mutacións do xene ELANE causan neutropenia cíclica e conxénita grave, que é a imposibilidade de que os neutrófilos maduren.[8] Nun estudo de 2019 confirmouse que a deleción de ELANE non causa neutropenia.[9]
Para minimizar os danos aos tecidos, hai poucos inhibidores da elastase do neutrófilo. Un grupo de inhibidores son as serpinas (inhibidores da serina protease).[10] A elastase do neutrófilo interacciona coa alfa 2-antiplasmina, que pertence á familia das proteínas serpinas.[11][12]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.