Remove ads
(Chantada, 1920-Madrid, 1995) escultor From Wikipedia, the free encyclopedia
Eduardo Rodríguez Osorio, tamén coñecido como Eduardo R. Osorio, nado en Esmeriz-Chantada o 5 de marzo de 1920 e finado en Madrid o 25 de febreiro de 1995, foi un escultor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de marzo de 1920 Esmeriz, España |
Morte | 25 de febreiro de 1995 (74 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | escultor |
Sitio web | esculturasosorio.es |
Nacido na parroquia chantadina de Esmeriz, foi o penúltimo de 11 fillos.[1] Os seus irmáns, carpinteiros e ebanistas, ensináronlle o oficio no obradoiro familiar, e vendo o seu interese pola escultura, enviárono á Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela.[1] Alí coñeceu a escultores como Francisco Asorey e tivo como mestre a Manuel Beiras.[2][3]
En 1943, e co apoio da Deputación de Lugo, iniciou os estudos de Belas Artes en Madrid, na Escola Superior de Belas Artes de San Fernando, onde fixo amizade co artista Manuel Castro Gil. A continuación trasladouse a Sevilla para ampliar os seus estudos na Real Academia de Belas Artes de Santa Isabel de Hungría.[1][2] De novo en Madrid, no curso 1950-51 estudou co pontevedrés Alfonso Quinteiro e o vigués Jesús Valverde, a eles tres chamóuselles o "triunvirato galego" nos círculos artísticos e intelectuais madrileños.[3]
En 1952 a Deputación de Lugo concedeulle unha subvención extraordinaria para ampliar os seus estudos na Escola Superior de Belas Artes de París onde aprendeu de mestres coma Auguste Rodin ou Antoine Bourdelle.[3]
Escultor figurativo e realista, destacou no xénero do retrato, realizando bustos e figuras de máis dun cento de persoeiros, como Celso Emilio Ferreiro, Dionisio Gamallo, Ramón Menéndez Pidal, Camilo José Cela, Arsenio Iglesias, José Ramón Ónega, José María Rodero, Antonio Bonet Correa, Robert Redfor, Emilio Castelar, Pedro Barrié de la Maza, Manuel Fraga, Filgueira Valverde, Borobó, Manuel Castro Gil, así como pezas relacionadas coa cultura e tradición galegas.[2][4] Compaxinou os seus traballos como escultor coa docencia, dando clases en institutos de ensino medio de Ribadeo, Betanzos, Ávila e Madrid.[2]. Foi catedrático de Debuxo no Instituto Cardenal Cisneros de Madrid, no que se xubilou e logo seguiu traballando no seu estudio.
Así se definiu el: “A miña preocupación é o traballo e a superación persoal. Dedico todas as miñas obras á arte e creo que é necesario deixar pegada nesta vida...”, “a escultura é a miña vida e o artista adoita crecer ante as dificultades. Cada obra miña é unha experiencia, as miñas obras son un anaco do camiño que percorro”.[1]
A súa escultura principalmente trata a figura humana. Son figuras reconcentradas, de redondeados contornos, con formas sinuosas e sensuais que contrastan coa sobriedade do conxunto. As súas primeiras obras enlazan coa escultura tradicional galega en materiais, formas e temas, e posteriormente a súa escultura enriquécese ao adoptar unhas formas máis simples e novas.[5]
Nas súas maternidades, as composicións que máis se repiten na súa obra, represéntase á muller como muller-nai-terra. A muller ten moita importancia na súa obra, o concepto da muller como nai, creadora de vida, preservadora e acolledora en comuñón coa terra, tamén feminina.[6]
Outra etapa posterior é aquela que desenvolve despois da realización do busto a Félix Rodríguez de la Fuente na que os animais son os protagonistas, tratados dun modo realista, con certa abstracción e simplicidade. Nos seus retratos reproduce o que é, pero extraendo o profundo psicolóxico. Realizou máis de douscentos retratos, sendo un dos grandes e poucos artífices do que fose o denominado “Renacemento da escultura española do século XX”, o seu interese artístico tamén enaltece o esencial, sen que este afán sexa nunca sinonimia de simplismo. Valéndose das armas plásticas do Impresionismo e o Expresionismo, deixa sentir, tanto en cada peza como no conxunto de toda a súa produción, o carácter do ibérico e a alma galega.[5]
Entre outros:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.