Santa Pola
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Santa Pola é unha poboación da comarca do Baix Vinalopó no País Valenciano, cunha poboación en 1994 de 16.506 habitantes (santapoleiros) e de 20.965 en 2003. O termo municipal presenta unha extensión de 58,6 km2. Limita co termo de Elx e co mar Mediterráneo.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | ||||
Provincia | Provincia de Alacant | ||||
Comarca da Comunidade Valenciana | Baixo Vinalopó | ||||
Capital | Santa Pola | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 37.816 (2023) (645,32 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua catalá (lingua predominante) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 58,6 km² | ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo | ||||
Altitude | 6 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Miguel Zaragoza Fernández (2003–2015) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 03130 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 03121 | ||||
Código ARGOS de concellos | 03121 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | santapola.es |
A súa orixe histórica remontase ó Portus Illicitanus. Alí realizábase a actividade comercial da cidade romana de Illice (Elx). Na época visigoda era coñecida como Port Elecem e o seu nome musulmán foi Port del Cap de l'Aljub, que perdurou ata a metade do século XIV. Non hai datos históricos sobre ela ata 1556, data na que se construíu o Poble Nou de Santa Pola, tomando o nome da advocación da ermida dalgún casarío, o que fai supoñer que o núcleo orixinal desapareceu.
O seu castelo construíuse en 1557 cando reinaba Carlos I, de acordo co plan real de defensa da costa contra os piratas berberiscos. A súa eficacia permitiu a súa ampliación e reforzo, o que fixo que chegara ós nosos días. En 1786 pasou á Coroa por cesión do Marqués de Astorga. Finalmente, o alcalde Antoni Múrtula, cando coñeceu a decisión do Ministerio de Defensa de derrocalo, contactou coa raíña Isabel II e negociou a propiedade do castelo. Despois de pagar a cantidade acordada, a fortaleza pasou a mans do consistorio local. Desta forma, e ata os nosos días, o castelo é propiedade do pobo santapoleiro e converteuse no seu edificio máis singular e máis representativo.
No século XIX, novamente por relación coa coroa borbónica, recibiu o título de vila de mans do rei Afonso XII 1877).
No século XX, ao igual que nas súas orixes, segue explotando a súa condición portuaria o que lle permite basear a súa economía en dous piares básicos: a industria turística e a pesca. É tamén moi importante a industria derivada da explotación das salinas, que dende sempre foi unha actividade económica fundamental na zona. As salinas tamén manteñen unha gran riqueza de fauna e flora que fixeron que o súa paraxe fose declarada Parque Natural polo goberno valenciano.
Santa Pola é unha localidade de predominio lingüístico da lingua valenciana. A variedade dialectal que se fala é o catalán occidental e, dentro deste bloque, o subdialecto alacantino. Destacan como elementos lingüísticos característicos a perda do de intervocálico final (cansada = /cansà/); a asimilación vocálica (terra = /teɛrrɛ/); o uso do ese sonoro na terminación -ció (combinació = /combinazió/) e nos eses finais de palabra seguidos de vogal; léxico autóctono (mamola, arritranco, avixirugo) etc. A fala de Santa Pola presenta ademais algúns trazos propios do catalán oriental, de forma que en moitas ocasións a fonética santapolera esta máis preto das falas de Tarragona ou Barcelona ca das de Valencia.
O filólogo e eclesiástico Antoni Maria Alcover pasou por Santa Pola na súa recollida de datos para o que sería o Diccionari català-valencià-balear. Naquela altura, a principios do século XX, considerou Santa Pola como a fronteira sur da lingua catalá. Na actualidade esta afirmación corrixiuse e xa se considera a veciña poboación de Guardamar como a localidade catalán-parlante máis meridional.
As eleccións de 2007 deron a alcaldía ó PP por maioría absoluta con 16 concelleiros, o PSPV conseguiu 6, e Compromís pel País Valencià 1 concelleiro.
Na localidade hai diversos colectivos culturais que proporcionan ó municipio uns mínimos de actividade social, como a Banda Unió Musical de Santa Pola, fundada en 1978 polo santapoleiro Manuel Marhuneda.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Santa Pola |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.