Eduardo Chivambo Mondlane, nado o 20 de xuño de 1920 e finado o 3 de febreiro de 1969, foi presidente do Fronte de Liberación de Mozambique (FRELIMO) dende 1962 ata o seu asasinato en 1969.[1]

Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Infotaula de personaEduardo Mondlane
Thumb
(1953) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(pt) Eduardo Chivambo Modlane
(ts) Chivambo Mondlane Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de xuño de 1920 Editar o valor en Wikidata
Manjacaze (África Oriental Portuguesa) Editar o valor en Wikidata
Morte3 de febreiro de 1969 Editar o valor en Wikidata (48 anos)
Dar es Salaam (Tanzania) Editar o valor en Wikidata
Causa da morteexplosión Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePortugal Editar o valor en Wikidata
EducaciónOberlin College (en) Traducir (1951–)
Universidade de Lisboa (1950–)
Universidade de Witwatersrand
Universidade Northwestern (pt) Traducir
Universidade Harvard Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónantropólogo , político , explorador Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Syracuse Editar o valor en Wikidata
Partido políticoFrente de Libertação de Moçambique (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoEdward Soja (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeJanet Mondlane
FillosNyeleti Mondlane Editar o valor en Wikidata
Premios
Pechar

Traxectoria

Educación

Era o cuarto de 16 irmáns, fillo dun xefe tribal, da tribo bantú dos tsonga. Mondlane naceu na África Oriental Portuguesa en 1920. Ata os doce anos traballou coidando rabaños de cabras. Asistiu a varias escolas primarias antes de entrar nunha escola suíza presbiteriana. Prohibíuselle asistir á escola secundaria en Mozambique posto que nesa época estaba acabando a escola primaria e as leis coloniais portuguesas indicaban que era demasiado maior para entrar.

Este feito e outros mostráronlle o que significaba vivir nunha sociedade oprimida. Como non podía estudar en Mozambique marchou a Suráfrica, onde estudou nunha escola parroquial en Lemana, na a rexión de Transvaal. Pasou un ano na escola Jan Hofmeyer de Traballo Social e ingresou na Universidade Witwatersrand, en Johannesburgo, pero foi expulsado do país un ano despois, en 1949, cando se instaurou o Apartheid.

Mondlane trasladouse a Estados Unidos para continuar os seus estudos. En 1951 ingresou no Oberlin College, en Oberlin, Ohio, comezando como junior. En 1953 obtivo o graduado en antropoloxía e socioloxía. Continuou os seus estudos na Universidade de Northwestern en Evanston, Illinois. Alí obtivo un doutoramento en Socioloxía e casou con Janet Rae Johnson, despois Janet Mondlane, unha muller de Indiana que vivía nos suburbios de Chicago.

Regreso a Mozambique

En 1962 foi elixido presidente da recentemente formada Fronte de Liberación de Mozambique, ou FRELIMO, que estaba formado por grupos nacionalistas máis pequenos. En 1963 estableceu a sede do FRELIMO fóra de Mozambique, en Dar es Salaam, na veciña Tanzania. Co apoio tanto das potencias occidentais como da URSS, o FRELIMO empezou en 1964 unha guerra de guerrillas para intentar obter a independencia mozambicana de Portugal que desembocaría na Guerra de Independencia de Mozambique.

Durante os primeiros anos do FRELIMO o seu liderado estaba dividido: a facción encabezada por Mondlane quería loitar non só pola independencia, senón para instaurar un réxime socialista; Marcelino dos Santos, Samora Machel e Joaquim Alberto Chissano e a maior parte do Comité Central do Partido compartían o seu punto de vista. Os seus opoñentes, entre os que destacaban Lazaro Nkavandame e Uria Simango, desexaban a independencia, pero non un cambio fundamental nas relacións sociais: esencialmente a substitución da elite branca por unha elite negra. A posición socialista foi aproveitada polo segundo congreso do partido, celebrado en xullo de 1968. Mondlane foi reelixido presidente e estableceuse a estratexia de seguir unha guerra prolongada co apoio da poboación civil.

Asasinato e posteridade

En 1969 recibiu un libro-bomba no secretariado do FRELIMO que o matou. Despois de que nos anos 1990 se descubrira a existencia da Gladio, indagouse que unha sección portuguesa do Gladio fora a causante do asasinato de Mondlane.[2]

A principios dos anos 1970 os 7.000 guerrilleiros do FRELIMO tomaran o control da maior parte das rexións centrais e do norte do país a pesar de estar combatendo contra unhas forzas portuguesas duns 60.000 homes. En 1974 a caída da ditadura de Salazar en Portugal trouxo un cambio na política colonial o 25 de xuño de 1975, cando Portugal traspasou o poder ao FRELIMO e Mozambique converteuse en estado independente.

A morte de Mondlane en 1969 foi sentida coma se dun funeral de estado se tratase. O funeral foi oficiado polo seu compañeiro de clase en Oberlin e amigo, o reverendo Edward Hawley, quen dixo durante as cerimonias que Mondlane "...deixou a súa vida pola verdade de que un home foi feito para a dignidade e a súa autodeterminación."

O día da súa morte é celebrado en Mozambique como o Dia dos Heróis Moçambicanos.[2]

En 1975 a Universidade Lourenço Marques, que recibía o nome da capital colonial, Lourenço Marques, foi rebautizada como Universidade Eduardo Mondlane, situada na capital Maputo.

Vida persoal

Mondlane deixou viúva, Janet Mondlane, que foi a primeira Directora Nacional de Acción Social Independente de Moçambique e a primeira presidenta do Consello Nacional contra a SIDA, nos anos 2000-2004, e tres fillos.[3]

Obra

O seu libro "Fight for Moçambique" foi publicado uns meses despois da súa morte, detallando como funcionaba o sistema colonial en Moçambique e o que sería necesario para desenvolver o país.[3]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.