político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Edmundo Lorenzo Santiago, nado en Ferrol o 23 de agosto de 1893 e finado en Guadalaxara (México) o 22 de febreiro de 1973, foi un político socialista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de agosto de 1893 Ferrol, España |
Morte | 22 de febreiro de 1973 (79 anos) Guadalaxara, México |
Deputado nas Cortes republicanas | |
2 de marzo de 1936 – 2 de febreiro de 1939 Lexislatura: III lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: A Coruña | |
Deputado nas Cortes republicanas | |
13 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1933 Lexislatura: I lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: A Coruña | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político , tipógrafo |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Lingua | Lingua castelá |
Traballou no estaleiro ferrolán, e con dezaoito anos entrou en El Correo Gallego e a imprenta Moliné onde aprendeu o oficio de tipógrafo. Ingresou na Agrupación Socialista de Ferrol en 1909 e dirixiu El Obrero. Foi elixido concelleiro de Ferrol polo PSOE nas eleccións municipais do 12 de abril de 1931 e deputado pola provincia da Coruña nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 e nas eleccións xerais de 1936. Cando estalou o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 instalouse en Barcelona onde colaborou con Pedro Longueira Patiño na fundación de El Socialista Gallego, órgano da Agrupación Socialista de Refugiados Gallegos. Foi conselleiro do Ministerio de Industria e Comercio na Sociedad Española de Construcción Naval e na Eléctrica Madrileña e vocal do Tribunal de Responsabilidades Civiles. Ao rematar a Guerra Civil exiliouse en México, a onde chegou a bordo do Ipanema en xullo de 1939. En 1942 fundou con Marcial Fernández Vázquez a Agrupación Socialista Gallega. Na sesión das Cortes Republicanas no exilio celebradas en 1945 no Palacio Municipal da Praza do Zócalo en México rompeu a disciplina de voto para apoiar a constitución da Comisión de Estatutos (destinada a ditaminar o Estatuto de Autonomía de Galicia), declarándose galego antes que número dun partido[1]. Foi expulsado do PSOE en 1946. Integrouse no Consello de Galiza. No XXXVII Congreso Federal do PSOE foi readmitido na disciplina do partido con todos os efectos xunto con 36 militantes máis, encabezados por Juan Negrín.[2][3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.