Julio Álvarez del Vayo y Olloqui, nado en Villaviciosa de Odón o 9 de febreiro de 1891[1][2] e finado en Xenebra o 3 de maio de 1975,[1] foi un xurista, xornalista, diplomático e político español.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Infotaula de personaJulio Álvarez del Vayo
Thumb
Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de febreiro de 1891 Editar o valor en Wikidata
Villaviciosa de Odón, España Editar o valor en Wikidata
Morte3 de maio de 1975 Editar o valor en Wikidata (84 anos)
Xenebra, Suíza Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinsuficiencia cardíaca Editar o valor en Wikidata
Deputado nas Cortes republicanas

3 de marzo de 1936 – 2 de febreiro de 1939

Circunscrición electoral: Madrid (capital)
Deputado nas Cortes republicanas

7 de decembro de 1933 – 7 de xaneiro de 1936

Circunscrición electoral: Madrid (capital)
Ambassador of Spain to Mexico (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico , escritor , diplomático , xornalista , xurista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0959338 BNE: XX1129808 Editar o valor en Wikidata
Pechar

Traxectoria

Licenciado en Dereito pola Universidade de Madrid, doutorouse na Universidade de Valladolid e ampliou os seus estudos na London School of Economics e despois na Universidade de Leipzig.[2] Durante este tempo, en Londres, afiliouse ao Partido Socialista Obreiro Español e opúxose á colaboración do mesmo coa ditadura de Primo de Rivera.

Antes de iniciar a súa carreira política estivo de correspondente para varios diarios -entre eles La Nación da Arxentina, Le Figaro de París, El Liberal e El Sol de España[1] e The Guardian do Reino Unido- nos Estados Unidos e Europa, cubrindo a primeira guerra mundial. Tamén viaxou á Unión Soviética, cuxos recordos puxo por escrito en La nueva Rusia e La senda roja.

Ao proclamarse a Segunda República, primeiro serviu como embaixador en México (1931-1933)[2][3] recibindo a Banda da Orde da República (11 de xaneiro de 1933) como recoñecemento ao labor realizado.[4] Ese mesmo ano, foi elixido deputado ao Congreso, cargo que revalidou nas eleccións xerais de 1936.[4]

Guerra civil

Ao estourar a guerra civil, foi elixido por dúas ocasións Ministro de Estado: de setembro de 1936 a maio de 1937,[3] substituíndo a Augusto Barcia Trelles, e ao final da guerra, de abril de 1938 a marzo de 1939.[3] No seu labor como Ministro tratou de evitar o boicot cara ao goberno da República facendo ver que a Alemaña nazi e a Italia fascista non respectaban os acordos da Sociedade de Nacións.[5] Tratou igualmente de convencer a Neville Chamberlain das consecuencias que tería o Comité de Non Intervención e negociou con Stalin o envío de subministracións bélicas na guerra. Favoreceu tamén a creación das Juventudes Socialistas Unificadas (JSU). Tralo primeiro nomeamento como Ministro de Estado, en outubro de 1936, foi nomeado Comisionado Xeral de Guerra, cargo no que o seu papel foi moi discutido pois nomeou a centos de comisionados comunistas, aparentemente, sen a autorización de Largo Caballero. Posteriormente, anulou os nomeamentos mais a relación con Largo Caballero deteriorouse até o punto de que, este, nas súas memorias, o acusou de axente comunista.[6] Tamén como ministro, ténselle criticado algunha decisión como pretender eliminar o dereito de asilo das embaixadas estranxeiras á poboación que se refuxiaba nelas, modificando a política do seu antecesor Augusto Barcia. finalmente, a presión internacional obrigouno a manter o dereito e, posteriormente, permitir a evacuación dos refuxiados.[7]

Fiel a Largo Caballero durante un tempo, foi partidario da resistencia fronte ás tropas sublevadas. Ao caer o goberno de Largo Caballero, foi substituído no ministerio por José Giral, mais volveuno recuperar co segundo goberno de Juan Negrín e permaneceu nel até o final da guerra. Trala caída da fronte de Cataluña marchou a Francia xunto con Juan Negrín e regresou con el axiña á provincia de Alacant para manter o goberno na denominada Posición Yuste até o fin da guerra poucos días despois. Partiu ao exilio dende un aeródromo situado en Monòver.

Exilio

Durante o exilio -en México e Estados Unidos- agudizouse o seu radicalismo polo que foi expulsado do PSOE xunto con 35 afiliados máis, encabezados por Juan Negrín.[8][9] Dende os Estados Unidos, escribiu artigos en The Nation nos que defendía a causa republicana en contra do réxime franquista.[10]

Fundou a Unión Socialista Española e posteriormente o Frente Español de Liberación Nacional, que xunto co Partido Comunista de España (marxista-leninista), formaron o FRAP, sendo elixido presidente do mesmo, cargo que desempeñou até o seu falecemento.[11]

Readmisión no PSOE

O 24 de outubro de 2009, de acordo cunha resolución do 37 Congreso Federal, foi readmitido a título póstumo no PSOE, xunto con outros 35 afiliados expulsados en 1946, entre os que se contaban nomes como Juan Negrín, Ramón Lamoneda, Amaro da Roseira ou Max Aub.[12]

Igualmente, a relevancia da súa figura como ministro de Estado durante a Guerra civil española non foi recuperada ata 2016, a partir da obra do historiador David Jorge.[13]

Obras

  • La nueva Rusia, 1926. Madrid.[3]
  • Rusia, a los doce años, 1929. Madrid.[3]
  • La senda roja, 1928. Novela[3]
  • Les batailles de la liberté, 1963. París: Maspéro[1]
  • The Freedom's Battle, 1940. Toronto.[3]
  • La guerra empezó en España, 1940. México.[3]
  • The Last Optimist, 1950. Nova York.[3]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.