Dune (filme de 2021)

filme de 2021 dirixido por Denis Villeneuve From Wikipedia, the free encyclopedia

Dune (filme de 2021)
Remove ads

Dune (titulado en pantalla Dune: Part One) é un filme de ciencia ficción de 2021 dirixido por Denis Villeneuve e escrito por Eric Roth, Jon Spaihts e o propio Villeneuve.[5] É unha coprodución internacional dos Estados Unidos, o Reino Unido, o Canadá e Hungría e constitúe a primeira entrega de dous filmes baseados nunha nova versión revisada fiel á novela homónima de 1965 de Frank Herbert.[6][7]

Datos rápidos Ficha técnica, Título orixinal ...
Remove ads

Está protagonizada por Timothée Chalamet, Rebeca Ferguson, Oscar Isaac, Josh Brolin, Stellan Skarsgård, Dave Bautista, Stephen McKinley Henderson, Zendaya, David Dastmalchian, Chang Chen, Sharon Duncan-Brewster, Charlotte Rampling. Jason Momoa e Javier Bardem.

A rodaxe deu inicio o 18 de marzo de 2019 nos estudos Origo Filme de Budapest así como en Xordania. A súa estrea nos Estados Unidos foi anunciada inicialmente para o 20 de novembro de 2020 en 3D e IMAX.[8] Debido á pandemia do coronavirus pospúxose para o 18 de decembro do mesmo ano.[9] Con todo, posteriormente anunciouse o seu atraso até o 1 de outubro de 2021, así como a súa estrea simultánea en salas e na plataforma de streaming HBO Max.[10][11] Finalmente decidiuse atrasar a chegada de Dune tres semanas máis, ao 22 de outubro, sendo a súa proxección internacional programada con máis dun mes de antelación á estrea estadounidense, a partir do 15 de setembro.[12] A premier foi presentada o 3 de setembro de 2021 na 78ª edición do Festival Internacional de Cine de Venecia.[13][14][15]

Tras a súa distribución, Legendary Pictures confirmou que Dune: Part Two sería dirixida de novo por Denis Villeneuve e protagonizada por Timothée Chalamet e Zendaya. A estrea desta segunda parte está programada para outubro de 2023.[16]

Remove ads

Sinopse

En 10191, o duque Leto da Casa Atreides, gobernante do planeta oceánico Caladan, é asignado polo emperador Padishah Shaddam Corrino IV para substituír a Casa Harkonnen como gobernante do feudo de Arrakis. Arrakis é un inhóspito planeta desértico e a única fonte de "especia", unha valiosa substancia que estende a vitalidade humana e é fundamental para as viaxes interestelares. En realidade, Shaddam ten a intención de que a Casa Harkonnen organice un golpe para recuperar o planeta coa axuda das tropas Sardaukar do Emperador, erradicando a Casa Atreides, cuxa influencia ameaza o control de Shaddam. Leto está preocupado, pero ve a posibilidade de aliarse coa poboación nativa de Arrakis, os Fremen, como o primeiro paso para aumentar a posición dos Atreides no Landsraad, o corpo político que representa todas as casas nobres.

A concubina de Leto, Lady Jessica, é unha acólita de Bene Gesserit, unha irmandade exclusiva que exerce habilidades físicas e mentais avanzadas. Aínda que Jessica recibiu instrucións da Bene Gesserit de ter unha filla cuxo fillo se convertería no mesiánico Kwisatz Haderach, por amor a Leto tivo en cambio un fillo, Paul. Ao longo da súa vida, Paul é adestrado polos axudantes de Leto, Duncan Idaho, Gurney Halleck e o Mentat Thufir Hawat, mentres que Jessica adestra a Paul nas disciplinas Bene Gesserit. Paul confíalles a Jessica e Duncan que está preocupado por visións do futuro. Debido á súa presciencia en desenvolvemento, a Reverenda Nai Gaius Helen Mohiam chega a Caladan e somete a Paul a unha proba mortal para avaliar o seu control de impulsos, que supera. Máis tarde, Mohiam transmite ao patriarca da Casa, o barón Vladimir Harkonnen, a necesidade de que perdoe a Paul e Jessica durante o seu golpe, accedendo este de forma enganosa.

A Casa Atreides chega a Arrakeen, o bastión de Arrakis que antes estaba nas mans da Casa Harkonnen, onde Idaho e un grupo de avanzada estiveron aprendendo sobre o seu mundo e os Fremen. Leto negocia con Stilgar, o cacique dos Fremen, e atópase coa doutora Liet-Kynes, planetóloga e xuíza imperial. Kynes informa a Leto, Paul e Halleck sobre os perigos da recolección de especia, incluídos os vermes de area xigantes que viaxan baixo o deserto. Durante un voo, ven un verme de area que se achega a un recolledor de especia activo coa tripulación varada. Esta é rescatada antes de que o verme da area a trague. A exposición de Paul ao aire cargado de especia provoca intensas premonicións.

Despois dun atentado contra a vida de Paul por parte dun axente Harkonnen, Leto pon os seus soldados en alerta máxima. O Doutor Suk Wellington Yueh desactiva os escudos protectores de Arrakeen e permite que as tropas Harkonnen e Sardaukar atafeguen as forzas Atreides. Yueh incapacita a Leto e dille que fixo un trato para entregalo ao barón a cambio da súa esposa capturada. Yueh substitúe un dos dentes de Leto por unha cápsula de gas venenoso e morre despois de entregar o Duque en mans do barón. Leto libera o gas venenoso, matando os membros da corte do barón e a si mesmo, pero o barón sobrevive. Idaho escapa e rouba un ornitóptero, pero Paul e Jessica son capturados. Os Harkonnen lévanos ao deserto para morrer, pero domínanos usando a "Voz". Ao atopar un equipo de supervivencia que Yueh lles deixou, Paul e Jessica pasan a noite nunha tenda de campaña. Paul experimenta visións dunha próxima "guerra santa" que se estende por todo o universo baixo o seu nome.

O barón entrega o mando de Arrakis ao seu sobriño Rabban e ordénalle vender reservas de especia e reiniciar a produción para remunerar o custo do golpe. Paul e Jessica son atopados por Idaho e Kynes e diríxense a unha antiga estación de investigación, pero os Sardaukar localízaos rapidamente. Duncan e varios Fremen sacrifícanse para permitir que Jessica, Paul e Kynes escapen das instalacións. Kynes, emboscada polas tropas de Sardaukar, atrae un verme das areas que os devora xunto con ela. Paul e Jessica chegan ao deserto profundo e atópanse cos Fremen, entre eles Stilgar e Chani, a moza das visións de Paul. O guerreiro Fremen Jamis protesta pola súa admisión e morre a mans de Paul nun duelo ritual a matar. Contra os desexos de Jessica, Paul únese aos Fremen coa intención de traer a paz a Arrakis.[17][18][19]

Remove ads

Produción

Elenco

  • Timothée Chalamet como Paul Atreides, o herdeiro ducal da Casa Atreides.
  • Rebecca Ferguson como Lady Jessica, nai de Paul e consorte do duque Leto.
  • Oscar Isaac como Duque Leto Atreides, pai de Paul e duque da Casa Atreides outorgado coa custodia de Arrakis.
  • Josh Brolin como Gurney Halleck, o mestre de armas da Casa Atreides e un dos mentores de Paul.
  • Stellan Skarsgård como Barón Vladimir Harkonnen, Barón da Casa Harkonnen, inimigo da Casa Atreides e antigo administrador de Arrakis.
  • Dave Bautista como Glossu Rabban, o sobriño do barón Harkonnen.
  • Stephen McKinley Henderson como Thufir Hawat, o Mentat da Casa Atreides.
  • Zendaya como Chani, unha misteriosa moza Fremen que aparece nas visións de Paul.
  • David Dastmalchian como Piter De Vries, o Mentat da Casa Harkonnen.
  • Chang Chen como Dr. Wellington Yueh, un doutor Suk doctor ao servizo da Casa Atreides.
  • Sharon Duncan-Brewster como Dr. Liet-Kynes, o ecoloxista imperial e xuíz do cambio en Arrakis.
  • Charlotte Rampling como Gaius Helen Mohiam
  • Jason Momoa como Duncan Idaho, o mestre da espada da casa Atreides e un dos mentores de Paul.
  • Javier Bardem como Stilgar, o líder da tribo Fremen en Sietch Tabr.
  • Babs Olusanmokun como Jamis, un Fremen de Sietch Tabr.
  • Benjamin Clementine como Herald of the Change, xefe dunha delegación imperial en Caladan
  • Golda Rosheuvel como Shadout Mapes, unha Fremen que traballa como empregada do fogar da Casa Atreides.
  • Roger Yuan como Tenente Lanville, segundo ao mando de Gurney Halleck.[20]

O 12 de xullo de 2018 informouse que a produción de Dune se iniciaría no mes de febreiro de 2019, tendo lugar nos estudos Orgio Filme, en Budapest (Hungría), onde Villeneuve rodou a súa anterior película, Blade Runner 2049.[21] Case unha semana despois confirmouse que Timothée Chalamet se atopaba en negociacións para protagonizar as dúas partes da biloxía do director canadense.[22] O 26 do mesmo mes, e segundo un chío de Brian Herbert, confirmábase que o director preparaba dous filmes ambientados no desértico planeta Arrakis.[23]

Música

Thumb
Hans Zimmer, encargado da banda sonora do filme.

Hans Zimmer foi elixido como responsable da banda sonora da película.[24][25] Zimmer afirmou que iniciou a composición de Dune cerca do comezo da produción da película en marzo de 2019.[26] O compositor traballara xa con Villeneuve en Blade Runner 2049. Previamente á súa elección, o director británico Christopher Nolan dirixiuse a Zimmer para compor a que sería a súa próxima película, Tenet, pero este último optou por Dune xa que declarou que lle encantaba o libro.[27]

A música de fondo incluída no primeiro tráiler oficial foi o clásico tema de Pink Floyd de 1973 Eclipse, con arranxos de Zimmer.[28]

Rodaxe

Thumb
Wadi Rum, Xordania, localización en exteriores do set de rodaxe.

A produción deu inicio o 18 de marzo de 2019 nos estudos Origo Filme de Budapest, así como en Xordania.[29][8]

O 20 de xullo de 2019 finalizou a rodaxe da primeira película do libro.[30]

Segundo un informe de Deadline do 18 de xuño de 2020, o equipo de rodaxe preparouse para realizar filmacións adicionais durante agosto en Europa: «O equipo planea regresar a Budapest, Hungría, onde se filmou a película en 2019 nos Origo Filme Studios». A mesma revista confirmou que a refilmación «non causará un atraso e Dune estrearase a tempo na data que segue prevista para os Estados Unidos, o 18 de decembro».[31] Finalmente, a data do trinque foi cambiada para o 2021 por outras razóns alleas á rodaxe.

Remove ads

Estrea internacional

En maio de 2021, Variety informou que Dune estaba en conversacións para realizar a súa estrea mundial no Festival Internacional de Cine de Venecia.[32] A través dun novo informe da mesma revista especulouse que a adaptación tería un lanzamento exclusivo en cines, sendo isto desmentido pouco despois.[33][34] O 17 de xuño confirmouse que Dune sería presentada na 78ª edición do Festival de Cine de Venecia fóra de competición.

A premier da película proxectouse o venres 3 de setembro na Sala Grande do Palacio do cine no Lido de Venecia.[13][14][15] Tres días despois estreouse nunha proxección especial en Le Grand Rex en París, Francia.[35]

Recepción

Crítica

Tras o seu premier no Festival de Cine de Venecia, Dune recibiu unha acollida xeralmente positiva por parte dos críticos, pero dividiu a algúns deles.[36][37] Na páxina web de críticas e recensións Rotten Tomatoes a película obtivo un índice de aprobación do 83% sobre unha base de 436 recensións, cunha cualificación media de 7.6/10. O consenso dos críticos da páxina web di: "Dune loita ocasionalmente co seu complexo material orixinal, pero eses aspectos vense eclipsados en gran medida polo alcance e a ambición desta adaptación visualmente emocionante".[38] En Metacritic, a película obtivo unha puntuación media ponderada de 74 sobre 100, baseado en 66 críticas, o cal indica "críticas xeralmente favorables".[39] As audiencias enquisadas por CinemaScore déronlle á película unha cualificación media de "A–" nunha escala de A+ a F, mentres que PostTrak informou que os espectadores deron unha puntuación positiva do 84% (cunha cualificación media de 4.5 de 5 estrelas) e o 66% dixo que definitivamente a recomendaría.[40]

Premios e nomeamentos

Máis información Premio, Día da cerimonia ...
Remove ads

Futuro

O 12 de abril de 2021, o guionista Eric Roth declarou que escribira un tratamento completo para a posible secuela, e en agosto do mesmo ano, Villeneuve avanzaba que Zendaya, que dá vida a Chani, se poría á fronte da repartición na segunda parte, aínda que non se confirmara oficialmente.[42][43]

Finalmente, e tras diversos rumores e especulacións, o 26 de outubro de 2021 Legendary Pictures e Warner Bros. confirmaron Dune: Part Two, establecendo a súa data de estrea para o 20 de outubro de 2023.[16]

Hans Zimmer volverá a compor a banda sonora da película, e próximo ao momento en que se deu luz verde á segunda parte, xa completara unha hora e media de música nova para axudar a inspirar a Villeneuve a preparala.[44][45]

Triloxía

Nunha entrevista, Villeneuve non descartou que Dune chegase a ser unha triloxía, baseándose na novela de Herbert Dune Messiah para Dune: part 3.[46][47]

Remove ads

Noutros medios

Serie de televisión

O 10 de xuño de 2019 deuse a coñecer que, xunto á película, Legendary Television produciría unha serie de televisión para o servizo de streaming de WarnerMedia, HBO Max, cuxo título sería Dune: The Sisterhood. A serie centraríase na irmandade Bene Gesserit e serviría como precursor da película. Villeneuve dirixiría o episodio piloto con Spaihts escribindo o guión, sendo ambos os produtores executivos xunto a Brian Herbert.[48][49][50] Con todo, o 6 de novembro de 2019 informouse que Spaihts abandonaba o proxecto por desacordos coa produtora Legendary Television.[51] O 23 de xullo de 2021, notificouse que a serie precursora atopara un novo autor-produtor, Diane Ademu-John.[52]

Videoxogos

O 27 de febreiro de 2019, informouse que a empresa de videoxogos Funcom alcanzara un acordo en exclusiva con Legendary Studios para desenvolver xogos baseados nas obras literarias de Frank Herbert.[53]

Remove ads

Notas

Loading content...

Véxase tamén

Loading content...
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads