Blade Runner 2049

filme de 2017 dirixido por Denis Villeneuve From Wikipedia, the free encyclopedia

Blade Runner 2049 é un filme estadounidense de ciencia ficción, cyberpunk e cinema negro dirixido por Denis Villeneuve e escrito por Hampton Fancher e Michael Green.[6] É unha secuela do filme de 1982 Blade Runner, e está protagonizado por Ryan Gosling e Harrison Ford, xunto con Ana de Armas, Sylvia Hoeks, Robin Wright, Mackenzie Davis, Carla Juri, Lennie James, Dave Bautista e Jared Leto nos papeis secundarios. Ambientado trinta anos despois dos eventos do filme orixinal, conta a historia dun humano creado por bioenxeñaría chamado K, que descobre os restos dunha replicante que estivo embarazada, o cal é imposible. Para previr unha posible guerra entre os replicantes e os humanos, K debe atopar ó fillo desa replicante e destruír calquera proba relacionada con el.

Datos rápidos Ficha técnica, Título orixinal ...
Blade Runner 2049
Thumb
Ficha técnica
Título orixinalBlade Runner 2049
DirectorDenis Villeneuve
Produtor
  • Andrew A. Kosove
  • Broderick Johnson
  • Bud Yorkin
  • Cynthia Sikes Yorkin
Guión
  • Hampton Fancher
  • Michael Green
Baseado enSoñan os androides con ovellas eléctricas? de Philip K. Dick
Intérpretes
Música
FotografíaRoger Deakins
MontaxeJoe Walker
Estudio
  • Alcon Entertainment
  • Columbia Pictures
  • Scott Free Productions
  • Torridon Films[1]
  • 16:14 Entertainment[1]
  • Thunderbird Entertainment
DistribuidoraWarner Bros. (América do Norte)
EstreaDolby Theatre: 3 de outubro de 2017
6 de outubro de 2017
28 de novembro de 2024 (TVG)
Duración163 minutos[2]
Orixe Estados Unidos
XéneroCiencia ficción, cyberpunk, cinema negro
Orzamento150 000 000 $[3][4][5]
Recadación158 600 000 $[5]
Na rede
http://bladerunnermovie.com
Filmaffinity: 236626 Allocine: 197686 Mojo: bladerunnersequel TCM: 2089706 TV.com: movies/blade-runner-2049
Pechar

A fotografía principal do filme realizouse en Budapest, Hungría entre xullo e novembro de 2016. Blade Runner 2049 estreouse nos Ánxeles o 3 de outubro de 2017 e nos Estados Unidos o 6 de outubro de 2017, en 2D, 3D e IMAX.[7][8][9][10]

Estreouse en galego o 28 de novembro de 2024 a través da TVG.[11]

Personaxes

  • Ryan Gosling como Oficial “Joe” K
  • Harrison Ford como Rick Deckard
  • Ana de Armas como Joi
  • Sylvia Hoeks como Luv
  • Robin Wright como Tte. Joshi
  • Mackenzie Davis como Mariette
  • Carla Juri como Dr. Ana Stelline
  • Lennie James como Mister Cotton
  • Dave Bautista como Sapper Morton
  • Jared Leto como Niander Wallace
  • David Dastmalchian como Coco
  • Barkhad Abdi como Doc Badger
  • Hiam Abbass como Freysa
  • Wood Harris como Nandez
  • Edward James Olmos como Gaff

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.