Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Dune é unha importante obra de ciencia ficción que se converteu nunha obra de culto da literatura fantástica. Ideada orixinalmente coma tres triloxías, foi publicada en 1965 tras ser rexeitada por múltiples editoriais antes de atopar abeiro. O seu éxito foi inmediato, pois en 1966 gañou o Premio Hugo e en 1965 o Premio Nebula ao mellor libro de ciencia ficción. Considerado por algúns como a máis grande das novelas de ciencia ficción de todos os tempos, foi escrita por Frank Herbert, un autor recoñecido anteriormente polas súas novelas da máis pura ciencia ficción, que logrou publicar cinco partes da saga e morreu en 1986 planeando o clímax. Os volumes que publicou en vida foron:
Dune (novela) | |
---|---|
Título orixinal | Dune |
Autor/a | Frank Herbert |
Orixe | Estados Unidos de América |
Lingua | inglés estadounidense |
Tema(s) | relixión, espazo exterior, ecoloxía, sociedade, civilización, cultura e Poder |
Xénero(s) | ficção científica soft, romance planetário, ficção científica social, ciencia ficción e ficción de aventuras |
Editorial | Chilton Company |
Data de pub. | 1965 |
Premios |
|
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O libro inspirou películas de sona como Dune do director David Lynch, (cuxa banda sonora foi composta polo grupo americano Toto), despois do intento frustrado de Alejandro Jodorowsky de levala á pantalla con actores como Orson Welles e Salvador Dalí. Tamén inspirou dúas miniseries de televisión que abarcan as tres primeiras novelas da saga: Dune e Fillos de Dune
O seu fillo Brian Herbert continuou a publicación ata o final por demanda popular e unha precuela en tres partes tituladas A casa Atreides, A casa Harkonnen e A casa Corrino.
A historia comeza a máis de 20.000 anos no futuro, na nosa galaxia, nun grande imperio galáctico feudal. O Imperio divídese en pseudofeudos ou señoríos planetarios que son controlados por familias nobres, coñecidas como Grandes Casas, que se agrupan nun gran consello, chamado Landsraad e renden tributo á Casa Imperial do clan Corrino. Nunha conspiración polo poder imperial participan tanto estas como a CHOAM (como imperio comercial), a Confraría Espacial (co monopolio das viaxes interestelares), a orde Bene Gesserit (na súa procura do Kwisatz Haderach), a Bene Tleilax (orde especializada na manipulación biolóxica) e o planeta IX (con enorme poder tecnolóxico e mental -os seus individuos chámanse mentat).
A historia en si desenvólvese ao redor do mozo Paul Atreides, herdeiro do ducado da Casa Atreides. O seu pai, o duque Leto, recibe do Emperador Padishah Shaddam IV a orde de trasladarse, con todo o seu ducado, a Arrakis (tamén chamado Dune), a única fonte no Universo Coñecido da especia mélange. Paul debe enfrontarse á traizón do Emperador, o ataque e ocupación de Arrakis por parte dos seus inimigos mortais, a Casa Harkonnen, e sobrevivir ao hostil planeta.
A pesar da súa aparente trama mundana, a saga de Dune bebe de fontes bastante filosóficas. A política e o liderado ou a vida en condicións extremas puideron inspirarse na vida do británico Lawrence de Arabia; a interrelación entre os seres vivos e a euxenesia, da hipótese Gaia; a chegada dun mesías, do xudaísmo e o cristianismo; a distopía dun universo dominado polo comercio da especia mélange e no planeta Arrakis con enormes carencias (neste caso, de auga e de xustiza), das novelas 1984 ou Fahrenheit 451; etc.
Por outra banda, unha boa parte da imaxinería de Dune baséase en culturas tradicionais, con forte contacto co medio natural e de longa traxectoria na historia da humanidade: o nome de Paul Atreides, Muad'Dib, e de moitas outras palabras de uso ritual ou relixioso na novela (Gom Jabbar, Bi-la Kaifa etc.) son de clara orixe islámica; a hospitalidade ou a estrutura social en tribos son a norma habitual entre tuaregs e beduínos; o coitelo krys (baixo a denominación kris ou keris) é orixinario do sueste asiático; etc.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.