Dominio Gla

From Wikipedia, the free encyclopedia

Dominio Gla

O dominio Gla, dominio GLA[1] ou dominio carboxilación dependente de vitamina K/gamma-carboxiglutámico (en inglés vitamin K-dependent carboxylation/gamma-carboxyglutamic domain) é un dominio proteico que contén modificacións postraducionais de moitos residuos de glutamato producidos por carboxilación dependente de vitamina K que se transformarom en γ-carboxiglutamato (Gla). As proteínas con este dominio denomínanse informalmente proteínas Gla. Os residuos Gla son responsables da alta afinidade de unión para os ións calcio.[2][3]

Datos rápidos Identificadores, Símbolo ...
Dominio Gla
Thumb
Ancoraxe do factor VIIa de coagulación á membrana por medio do seu dominio GLA
Identificadores
SímboloGla
PfamPF00594
InterProIPR000294
PROSITEPDOC00011
SCOPe1cfi / SUPFAM
OPM superfamily89
OPM protein1pfx
Membranome342
Pechar

O dominio Gla únese a ións calcio quelándoos entre dous residuos de ácido carboxílico. Estes residuos forman parte dunha rexión que empeza no extremo N-terminal da forma madura das proteínas Gla e que acaba cun residuo aromático conservado. Isto orixina un motivo conservado Gla-x(3)-Gla-x-Cys,[4] que se encontra no medio do dominio, e que parece ser importante para o recoñecemento do substrato pola carboxilase.

Resolveuse a estrutura tridimensional de varios dominios Gla.[5][6] Os ións calcio inducen cambios conformacionais no dominio Gla e son necesarios para que o dominio Gla se pregue debidamente. Unha característica estrutural común dos dominios Gla funcionais é o agrupamento de residuos hidrófobos N-terminais nun parche hidrofóbico que media a interacción coa membrana da superficie celular.[6]

Actualmente, as seguintes proteínas humanas que conteñen o dominio Gla (proteínas Gla) foron caracterizadas ata o nivel da estrutura primaria: os factores de coagulación II (protrombina), VII, IX, e X, as proteínas anticoagulantes C e S, e a proteína Z que se une ao factor X. A proteína Gla ósea osteocalcina, a proteína Gla da matriz (MGP) inhibidora da calcificación, a proteína "detención do crecemento específica do xene 6" (GAS6, do inglés "growth arrest specific gene 6" protein) reguladora do crecemento celular, a periostina (un factor necesario para a migración e adhesión de células epiteliais), dúas proteínas Gla transmembrana (TMGP), e dúas proteínas Gla ricas en prolina (PRGP), de función descoñecida.

En todos os casos nos cales se coñecen as súas funcións, a presenza de residuos Gla nestas proteínas considérase esencial para a súa actividade funcional.[7]

Subfamilias

Proteínas humanas que conteñen este dominio

Nesta lista só se indican as funcións coñecidas principais, xa que o seu coñecemento é incompleto.

  1. Trombina (F2) (ou factor de coagulación II; e tamén o seu precursor a protrombina) – implicados na coagulación do sangue
  2. Factor VII (F7) – intervén na coagulación
  3. Factor IX (F9) – coagulación
  4. Factor X (F10) – coagulación
  5. Proteína C (PROC) – regula a anticoagulación, inflamación, morte celular e mantemento da permeabilidade vascular
  6. Proteína S (PROS1) – implicada na coagulación do sangue
  7. Proteína Z (PROZ) – coagulación
  8. Osteocalcina (BGLAP) – intervén na mineralización do óso e formación de memoria.[8]
  9. Proteína Gla da matriz (MGP) – inhibidora da calcificación dos tecidos brandos e xoga un papel na organización do óso
  10. GAS6 – crese que está implicada na estimulación da proliferación celular
  11. Transtiretina (TTR), antes chamada prealbumina – transporta a hormona tiroxina (T4) polo sangue e líquido cefalorraquídeo
  12. Inhibidor da inter-alfa-tripsina cadea pesada H2 (ITIH2) – xoga un papel nos illotes de Langerhans pancreáticos e en moitos outras células
  13. Periostina – un factor necesario para migración celular (desenvolvemento embrionario e resposta inmune) e a adhesión de células epiteliais, sobreexpresada nalgúns cancros
  14. Gla 1 rica en prolina (PRRG1)
  15. Gla 2 rica en prolina (PRRG2)
  16. Gla 3 rica en prolina (PRRG3)
  17. Gla 4 rica en prolina (PRRG4)

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.