Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
A osteocalcina, tamén chamada proteína ósea que contén ácido gamma-carboxiglutámico (BGLAP), é unha proteína non coláxena de 49 aminoácidos [1] con función hormonal, que se atopa no óso e na dentina. Prodúcena os osteoblastos e odontoblastos. Ten unha vida media moi curta e metabolízase no fígado e riles.
Incorpórase á matriz ósea e pode unirse ao hidroxiapatito do óso. Arredor do 20% da osteocalcina sintetizada non se incorpora ao óso, e pasa á circulación sanguínea. En mulleres normais e en mulleres con osteoporose, os niveis de osteocalcina correlacionan positivamente co cociente de formación ósea, medido por histomorfometría.
Obsérvanse incrementos de osteocalcina naquelas patoloxías onde hai un incremento da formación do óso ou, o que é o mesmo, un aumento na actividade osteoblástica. Nestes casos as concentracións de osteocalcina correlacionan ben con outros marcadores como a fosfatase alcalina e a histomorfometría ósea. Tamén aumenta na insuficiencia renal aguda, dado o seu metabolismo renal.
Nos humanos a osteocalcina está codificada polo xene BGLAP do noso cromosoma 1.[2][3]
É unha proteína de 49 aminoácidos de 5,8 kDa, que sofre gamma-carboxilación (dependente da vitamina K) en residuos glutamil situados nas posicións 17,21 e 24, o que dá lugar á formación de gamma-carboxiglutamato, o que facilita a súa unión ao hidroxiapatito do óso. Na circulación sanguínea detéctase tanto osteocalcina gamma-carboxilada como non gamma-carboxilada [4]. Pode romper en fragmentos menores no fígado, riles e soro sanguíneo [5].
A osteocalcina é segregada polos osteoblastos e pénsase que xoga un papel na regulacion metabólica do corpo e é pro-osteoblástica, ou construtora de óso.[6] Está implicada na mineralización do óso e na homeostase do ión calcio.
A osteocalcina actúa como unha hormona no corpo, facendo que as células beta do páncreas liberen máis insulina, e ao mesmo tempo estimulan aos adipocitos a liberar a hormona adiponectina, a cal incrementa a sensibilidade á insulina.[6] Tres grupos de investigación confirmaron independentemente o papel da osteocalcina na secreción de insulina.[7][8]
Os datos actuais suxiren unha posible función da osteocalcina na fertilidade masculina.[9] A osteocalcina pode aumentar a síntese de testosterona, a cal é a hormona que regula diversos aspectos da fertilidade masculina.
Como a osteocalcina a producen os osteoblastos, utilízase a miúdo como marcador para o estudo do proceso de formación de óso. Durante o tratamento con fármacos anabólicos para a formación de óso en casos de osteoporose, como Forteo, observouse que os niveis máis altos de osteocalcina están relativamente ben correlacionados co aumento da densidade mineral ósea. En moitos estudos, a osteocalcina utilízase como un biomarcador preliminar da efectividade dun fármaco sobre a formación de óso.
Un aumento nos niveis de osteocalcina pode indicar:
Un descenso dos niveis de osteocalcina pode indicar:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.