Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
O dominio Gla, dominio GLA[1] ou dominio carboxilación dependente de vitamina K/gamma-carboxiglutámico (en inglés vitamin K-dependent carboxylation/gamma-carboxyglutamic domain) é un dominio proteico que contén modificacións postraducionais de moitos residuos de glutamato producidos por carboxilación dependente de vitamina K que se transformarom en γ-carboxiglutamato (Gla). As proteínas con este dominio denomínanse informalmente proteínas Gla. Os residuos Gla son responsables da alta afinidade de unión para os ións calcio.[2][3]
Dominio Gla | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Ancoraxe do factor VIIa de coagulación á membrana por medio do seu dominio GLA | |||||||||
Identificadores | |||||||||
Símbolo | Gla | ||||||||
Pfam | PF00594 | ||||||||
InterPro | IPR000294 | ||||||||
PROSITE | PDOC00011 | ||||||||
SCOPe | 1cfi / SUPFAM | ||||||||
OPM superfamily | 89 | ||||||||
OPM protein | 1pfx | ||||||||
Membranome | 342 | ||||||||
|
O dominio Gla únese a ións calcio quelándoos entre dous residuos de ácido carboxílico. Estes residuos forman parte dunha rexión que empeza no extremo N-terminal da forma madura das proteínas Gla e que acaba cun residuo aromático conservado. Isto orixina un motivo conservado Gla-x(3)-Gla-x-Cys,[4] que se encontra no medio do dominio, e que parece ser importante para o recoñecemento do substrato pola carboxilase.
Resolveuse a estrutura tridimensional de varios dominios Gla.[5][6] Os ións calcio inducen cambios conformacionais no dominio Gla e son necesarios para que o dominio Gla se pregue debidamente. Unha característica estrutural común dos dominios Gla funcionais é o agrupamento de residuos hidrófobos N-terminais nun parche hidrofóbico que media a interacción coa membrana da superficie celular.[6]
Actualmente, as seguintes proteínas humanas que conteñen o dominio Gla (proteínas Gla) foron caracterizadas ata o nivel da estrutura primaria: os factores de coagulación II (protrombina), VII, IX, e X, as proteínas anticoagulantes C e S, e a proteína Z que se une ao factor X. A proteína Gla ósea osteocalcina, a proteína Gla da matriz (MGP) inhibidora da calcificación, a proteína "detención do crecemento específica do xene 6" (GAS6, do inglés "growth arrest specific gene 6" protein) reguladora do crecemento celular, a periostina (un factor necesario para a migración e adhesión de células epiteliais), dúas proteínas Gla transmembrana (TMGP), e dúas proteínas Gla ricas en prolina (PRGP), de función descoñecida.
En todos os casos nos cales se coñecen as súas funcións, a presenza de residuos Gla nestas proteínas considérase esencial para a súa actividade funcional.[7]
Nesta lista só se indican as funcións coñecidas principais, xa que o seu coñecemento é incompleto.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.