From Wikipedia, the free encyclopedia
O desembarco de Alhucemas[1] foi un desembarco militar levado a cabo o 8 de setembro de 1925 na baía de Alhucemas polo exército e a Armada españolas e, en menor medida, un continxente aliado francés, que propiciou o fin da Guerra do Rif. Considérase o primeiro desembarco aeronaval da historia mundial.
A operación consistiu no desembarco dun continxente de 13.000 soldados españois[2] transportados desde Ceuta e Melilla pola Armada combinada hispano-francesa. A operación tivo como comandante en xefe ao entón "Director Militar" de España, xeneral Miguel Primo de Rivera, e como xefe executivo das forzas de desembarco nas praias da baía de Alhucemas ao xeneral Sanjurjo, a cuxas ordes estaban as columnas dos xenerais xefes das brigadas de Ceuta e Melilla, Leopoldo Saro Marín e Emilio Fernández Pérez, respectivamente. Entre os xefes participantes na acción atopábase o entón coronel Francisco Franco, quen pola súa actuación á fronte das tropas da Lexión foi ascendido a xeneral de brigada. O xeneral estadounidense Dwight Eisenhower anos despois estudou a fondo a táctica empregada polos españois en Alhucemas para trazar o plan do desembarco de Normandía.
A Radio Televisión Española realizou, cara a 1980, un valioso filme documental sobre esta importante acción bélica.
Tras o desastre de Annual, o Exército español era materialmente incapaz de recuperar o territorio perdido. Por iso optouse por unha política de contención orientada a impedir a expansión da zona rebelde, executada mediante accións militares limitadas e de carácter local. Paralelamente, iniciouse a depuración de responsabilidades (Expediente Picasso), á vez que as forzas políticas, a opinión pública e mesmo o Exército dividíanse entre os partidarios de abandonar o Protectorado e os que avogaban por reiniciar canto antes as operacións militares.
En setembro de 1923 prodúcese a insurrección do xeneral Primo de Rivera; este, partidario inicial do abandono do Protectorado, en 1924 e tras novos ataques de Abd el Krim que obrigan a un novo repregamento español ás zonas de Tetuán, Ceuta e Melilla, faise firme partidario de pasar á ofensiva para derrotar ao líder rifeño e restituír a autoridade española no Protectorado.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.